HomesociedadeAna Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

“Allá Tú” é un deses programas que forman parte da memoria televisiva, un xogo de negociación e azar, recoñecido polas súas famosas caixas e pola temida chamada da “banqueira”, que ten como propósito facer diferentes ofertas económicas.

Publicado o

POR
Redaccción
- Advertisement -

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe, dá o salto dende a aula á televisión, participando actualmente no programa “Allá Tú” de Telecinco. Este programa ten unha traxectoria de case dúas décadas e dende 2026 Juanra Bonet lidárao como presentador.

Emítese diariamente dende as 20.00 horas de luns a domingo, no que esta monfortina participa dende o pasado martes 24. O concurso regresa ademais con cambios, no que destaca a presenza dun familiar “sorpresa” e tamén dunha caixa “negra”, que contén un importe segredo ata ese momento.

“É para nós un orgullo ver como o noso alumnado afronta novos retos e vive experiencias enriquecedoras máis alá das aulas. Dende o IES Río Cabe enviámoslle todo o noso apoio e os nosos mellores desexos. Agardamos que goce ó máximo desta aventura e que teña moitisima sorte na súa participación representando a toda a nosa comarca”, aseguran desde o centro.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...