HomeMedio ambiente e PatrimonioReforma dos 'pendellos de Cadeiras', de gran valor etnográfico en Sober

Reforma dos ‘pendellos de Cadeiras’, de gran valor etnográfico en Sober

O Goberno local do Concello de Sober vén de comezar os traballos destas singulares construcións que están situadas ao carón do Santuario.

Publicado o

- Advertisement -

A obra realizarase en 40 metros liñais dos pendellos de cara ao este, por ser os que presentan un maior deterioro.

Estado actual da reforma. Fonte: Prensa Concello de Sober

O obxectivo desta acción restauradora é cambiar por completo a cuberta, que levará madeira de castiñeiro e tella curva tradicional, e acondicionar o chan con xabre tradicional compactado. Tamén se cambiaron xa catro columnas de granito do país que presentaban un alto deterioro.

A obra está cofinanciada por Turismo de Galicia, que achega o 60 por cento, e polo Concello de Sober, que asume o 40 por cento dun orzamento total de 50.000 euros.

As obras están sendo executadas pola empresa local Construcciones Piñeiro e a previsión é que os traballos rematen no mes de novembro.

ÚLTIMAS

O Quixós, 1º por equipos nunha Copa de Promoción de Slalom disputada en Tomiño

O Club de Piragüismo Quixós segue colleitando éxitos. Nesta ocasión fíxoo da man das...

A 4ª etapa de La Vuelta Femenina sairá o 6 de maio de Monforte

A presentación oficial do percorrido de La Vuelta Femenina by Carrefour.es terá lugar este...

Concentración en Monforte o 10 de marzo con motivo do Día da Clase Obreira Galega

A CIG convoca para o 10 de marzo ás 20:00 horas unha concentración na...