HomeMedio ambiente e PatrimonioReciclar é un xogo de nenos, separa os teus residuos

Reciclar é un xogo de nenos, separa os teus residuos

Coincidindo coa celebración da Semana Europea da Prevención de Residuos, e dentro desta campaña de concienciación medioambiental, o Concello de Monforte e SOGAMA organizan unha sesión formativa, baixo o título “Corta polo san! Reduce residuos” que terá lugar este martes 19 de novembro ás 6 da tarde na Casa da Cultura.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Monforte pon en marcha unha campaña que ten por obxectivo informar ós veciños e veciñas de Monforte sobre as claves para levar a cabo unha axeitada reciclaxe dos residuos que se xeran no fogar. Para elo, dende o Concello levouse a cabo unha campaña publicitaria, coa publicación de anuncios en prensa, cuñas en radio, paneis informativos nos centros educativos da cidade, e pancartas nas principais entradas da cidade.

Do mesmo xeito, habilitouse un stand informativo, no que un monitor medioambiental informará ós cidadáns sobre o contido da campaña, repartindo para elo trípticos informativos.

Baixo o lema “Reciclar é un xogo de nenos, separa os teus residuos”, a campaña incide especialmente no tipo de residuos que se deben depositar en cada un dos colectores específicos que para elo pon o Concello a disposición dos cidadáns:

  • Contedor azul: no que se poden depositar todo tipo de produtos de papel: revistas, follas, xornais, caixas de cartón, envoltorios… E nel non se pode depositar nada que non sexa de papel ou cartón, por exemplo, bolsas de plástico, briks, envases, etc.
  • Contedor amarelo: é o que recolle os envases de plástico, como botellas de auga, briks de zume ou leite, latas de refresco, conservas, etc. Neste colector non se poden depositar residuos tales como CD’s, roupa, bombillas, residuos orgánicos ou produtos contaminantes.
  • Contedor verde: o destinado ós envases de vidro, tales como botellas ou tarros. Non admite todo aquelo que non sexa vidro: tapóns e tapas dos tarros, cristais de espellos, ventás…

O stand informativo ubicarase en distintas zonas da cidade de Monforte co obxectivo de chegar ó máximo número de cidadáns posibles. Todos os cidadáns que desexen recibir información no mesmo poderano facer do 18 ó 22 de novembro e do 16 ó 20 de decembro, en horario de 9 a 14 horas.

ÚLTIMAS

Próximas citas de emprendemento e emprego na Ribeira Sacra

A Xornada de Talento Feminino no Rural que se celebrará en Castro Caldelas comezará...

A Conselleira de Medio Rural presenta en Matacás a nova convocatoria de axudas para manter a paisaxe na Ribeira Sacra

No miradoiro das Penas de Matacás, en Castro Caldelas, a Conselleira Maria José Gómez...

Este 16 de xaneiro preséntase en Chantada “Guía Micolóxica Básica da Provincia de Lugo”

A Irmandade Cultural País do Faro organiza para este venres, 16 de xaneiro, a...

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...