Axudas para actuacións municipais nas reservas da biosfera e os parques naturais

O DOG publica este xoves a resolución pola que se dispón a continuidade de toda unha serie de liñas de subvencións da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, cuxos prazos administrativos víronse afectados polo estado de alarma. É o caso das axudas para a realización de estudos e investimentos vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica nos espazos da Rede de Reservas da Biosfera de Galicia.

Souto no Courel. Foto: Barutxo

Serán subvencionables as actividades de restauración de ecosistemas naturais como prados de sega, bosques de castiñeiros ou bosques de ribeira, así como a eliminación de especies exóticas invasoras e restauración da vexetación característica; os proxectos de creación, mellora e adecuación de centros de interpretación da natureza; a sinalización, por exemplo, de zonas de caza ou pesca; a creación e mellora de senllas peonís, pasarelas ou refuxios de pesca; os proxectos de conservación do patrimonio inmaterial ou a realización de inventarios sobre o seguimento e estado de conservación das especies de flora e fauna, entre outras cuestións. A información completa no Galicia Confidencial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here