HomeMedio ambiente e PatrimonioRibas de Sil apoia o tramo do Camiño de Inverno por Torbeo...

Ribas de Sil apoia o tramo do Camiño de Inverno por Torbeo e Vilachá de Salvadur

A Asociación de Veciños/as de Vilachá vén de presentar o seu informe sobre o Camiño de Inverno a Santiago ao alcalde e a parte do equipo de goberno de Ribas de Sil.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O informe presentábase a finais do mes de xuño, á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e a asociación anunciaba a vontade de presentalo aos concellos afectados (Ribas de Sil, A Pobra do Brollón e Monforte de Lemos) así como á Deputación de Lugo. Dito informe incorpora nova documentación histórica que acreditaría o paso do camiño no tramo de Quiroga a Monforte de Lemos, no seu paso por Torbeo e Vilachá.

O alcalde de Ribas de Sil, Miguel Sotuela manifestou o seu apoio para recuperar este tramo histórico que pasaría por San Clodio e Torbeo e indicou que promoverán o recoñecemento deste tramo na asociación de concellos da que forman parte. Pola súa parte, o tenente de alcalde Roberto Castro explicou as accións realizadas dende o ano 2000 por oficializar este tramo, que xa se incluía no informe de 1999 e que serviu de base para a marcación do camiño sur. Entre elas tratouse a posibilidade de recuperar o paso en barca ou a posta en marcha do catamarán de Augas Mestas. En todo caso, sería un proxecto que precisaría da implicación da Deputación de Lugo e da Xunta de Galicia.

Os representantes da asociación de veciños, Jose Castiñeira e Xurxo Martínez, declararon a súa satisfacción pola resposta tan positiva dada polo concello de Ribas de Sil. Asemade, anunciaron que continuarán tendo xuntanzas con representantes municipais, veciñais e con especialistas na materia para conseguir o que consideran “un acto de Xustiza histórica”.
A descuberta de material documental medieval e a orixe do topónimo de Rozavales, son claves para consolidar a tese de que o Camiño de Inverno pasaba por Torbeo e Vilachá de Salvadur.

Visitas Guiadas Vilachá / Adegas da Memoria

Os membros da asociación apostan pola viabilidade do proxecto tendo en conta o impulso que terá a Ribeira Sacra por mor da candidatura a patrimonio da humanidade, na que entrarían as adegas medievais de Vilacha de Salvadur.

Portada informe

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...