HomesociedadeBeth Willard, recoñecida xornalista e crítica de viños, visitou a Ribeira Sacra

Beth Willard, recoñecida xornalista e crítica de viños, visitou a Ribeira Sacra

Estivo do 17 ao 20 deste mes de novembro representación do Master of Wine inglés Tim Atkin MW para realizar un novo traballo de análise e valoración da Denominación de Orixe, as súas adegas e os seus viños.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Consello Regulador da Ribeira Sacra encargouse de coordinar a estancia e a programación de visitas de Beth Willard, quen coñeceu 19 adegas e as súas elaboracións, así como tamén a diversidade dos viños deste territorio protexido.

O programa completouse cunha sesión de cata na sede do Consello Regulador, destinada ás adegas que quixeron presentar os seus viños e que non formaban parte do itinerario de visitas. Nesta sesión catáronse 10 viños das colleitas de 2024 e 2025, cunha selección composta por 2 rosados, 1 branco e 7 tintos.

A presenza da recoñecida xornalista e crítica de viños supuxo, segundo o Consello Regulador, “unha nova oportunidade para dar a coñecer a diversidade, a identidade e o potencial dos viños da Ribeira Sacra no ámbito internacional, así como para reforzar a súa presenza entre os profesionais e prescritores do sector vitivinícola”. Ademais, as visitas ás adegas e as sesións de cata destes días serviranlle a Beth Willard para elaborar o informe anual de Tim Atkin MW sobre os viños deste territorio amparado, contribuíndo á visibilidade da Ribeira Sacra entre a crítica especializada e os profesionais do sector vitivinícola.

ÚLTIMAS

Máis de 550 participantes inscritos para o QTC 2027

Conta atrás para a celebración do Quiroga Trail Challenge 2027, proba que conta xa...

Tomé presenta uns Orzamentos de 21,5M€ incrementándose nun 16% con respecto ao 2025

O orzamento será sometido a debate e aprobación no Pleno municipal do vindeiro luns...

O BNG de Monforte esíxelle ao Concello solucións para as traballadoras da limpeza nos colexios públicos

A formación nacionalista lembra que xa preguntou no anterior pleno pola situación destas traballadoras...

O Centro Comercial Ponte Vella dálle a benvida ao Nadal

O C.C. Ponte Vella dará a benvida á Nadal hoxe co acto simbólico de...