InicioMedio ambiente e PatrimonioActividades de interese no Xeoparque Montañas do Courel

Actividades de interese no Xeoparque Montañas do Courel

O Xeoparque leva a cabo estes días un programa de ‘xeoconservación’ a través de voluntariado que financia a Dirección Xeral de Xuventude e a Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta. Así mesmo, esta fin de semana organizan o ‘Geolodía 2021 da provincia de Lugo’, tendo o Camiño de Inverno e Montefurado como protagonistas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Entre os días 7 e 9 de maio, o Xeoparque Mundial UNESCO Montañas do Courel está a realizar traballos de limpeza e conservación de dous lugares de especial interese xeolóxico do territorio.

Grazas a un programa de voluntariado xuvenil, 12 mozos e mozas participarán nesta actividade tendo ademais a oportunidade de recibir información sobre o xeoparque, visitar o Centro de Interpretación das Covas en Meiraos, e realizar un percorrido de sendeirismo.

As intervencións que se realizarán centraranse en dous puntos de especial interese xeolóxico: ‘O tramo perdedor do río Visuña’ e o ‘depósito glaciar da Seara’.

O Lugar de interese Xeolóxico do tramo perdedor do río Visuña atópase no val de Visuña, incluído no LIC Os Ancares-Courel (Rede Natura 2000), no norte do Xeoparque Montañas do Courel.

Este val constitúe é un dos enclaves máis relevantes do Xeoparque dende o punto de vista do patrimonio natural e cultural. O val correspóndese cunha conca fluvial de montaña de 6,6 km de lonxitude que drena as augas das ladeiras do norleste das Montañas do Courel. O punto máis elevado do val correspóndese co Pico Formigueiros (1.641 m de altitude), mentres que o punto máis baixo (802 m) atópase en Ferramulín, na confluencia do río Visuña co río Selmo.

O val de Visuña tamén destaca pola súa elevada biodiversidade, debido fundamentalmente ao crecemento de gran variedade de prantas de clima atlántico e mediterráneo, adaptadas a ladeiras soleadas e sombrías, e a substratos silíceos e calcáreos. Malia a intensa deforestación acontecida nas Montañas do Courel, no val de Visuña atópanse bosques autóctonos como a Devesa das Valiñas, dominadas por rebolos, carballos, teixos e algúns bidueiros. Tamén existen singulares bosques de enciñeiras ligados ás calcarias, onde se desenvolven solos con relativa baixa capacidade para almacenar auga.

O Lugar de Interese Xeolóxico do depósito glaciar da Seara. O val da Seara constitúe un dous lugares máis relevantes do Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel debido ao seu patrimonio xeolóxico e cultural. O val desenvólvese dende os cumios do Xeoparque, de ata 1.641 m de altitude, cara o surleste, descendendo por debaixo dos 800 m sobre o nivel do mar. O río Selmo drena as augas deste val formando importantes fervenzas, coma a de Vieiros. Neste val atópase a Aldea Paleozoica da Seara, cunha arquitectura tradicional que inclúe vivendas con teitos e corredores de lousas, así coma cortes e muíños de auga, un deles empregado coma fábrica de luz. Esta aldea foi construída basicamente empregando a lousa silúrica da contorna, xunto unha singular rocha ígnea chamada diabasa. No mesmo val atópase a vila de Vieiros, tamén cunha destacada arquitectura tradicional en pedra local, que actualmente é obxecto de restauración. No marco destas iniciativas, restaurouse un muíño fariñeiros de auga, de gran valor etnográfico.

OUTRAS ACTIVIDADES

O Xeoparque ten previsto levar a cabo novas actuación de xeoconservación de lugares de interese mediante programas voluntariado aberto á poboación en xeral ao longo deste 2021.

Este mesmo anfitrión organiza esta fin de semana, 8 e 9 de maio, o “Geolodía 2021 da provincia de Lugo”. As xornadas consistirán nunha excursión ao aire libre guiadas por xeólogos, de balde e abertas a todos os públicos. Nesta ocasión xirará ao redor da xeoloxía xacobea e a camiñada divulgativa transcorre a través do Camiño de Inverno ao seu paso por Montefurado, outro dos lugares especiais do Xeoparque Mundial Unesco Montañas do Courel.

Camiño de Inverno ao seu paso por Montefurado. Foto: XMF

A participación será un éxito pois comunican da organización que as 50 prazas dispoñibles para cada día están xa cubertas e como curiosidade, tamén nos comentan que dos 100 participantes, 90 son de fóra do territorio que abrangue o propio xeoparque.

ÚLTIMAS

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...