InicioMedio ambiente e PatrimonioColoquio en Samos sobre a vespa do castiñeiro

Coloquio en Samos sobre a vespa do castiñeiro

O centro multiusos de Samos acolle este venres día 7 a  partir das 20.30 unha charla coloquio sobre a vespa do castiñeiro.

Publicado o

- Advertisement -

A vespa do castiñeiro vén sendo desde hai tempo unha ameaza para os soutos galegos. Para coñecer un pouco máis sobre como afecta e como tratala, Compromiso por Galicia Samos organiza esta actividade. Intervirán Andrés Núñez, Enxeñeiro Técnico Agrícola e José Posada, Conselleiro Delegado de Posada Marrón Glacé.

A avespa chinesa do castiñeiro é considerada a praga máis importante das principais especies de castiñeiro en todo o mundo. Pode provocar perdas de entre o 50 e 100% da produción de castañas e debilita as poboacións e cultivos. A rapidez da súa difusión e o enorme impacto nas árbores fai necesaria a toma de medidas de protección xa que se ven ameazadas as plantacións de castiñeiros e as súas producións.

 

ÚLTIMAS

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...