HomeMedio ambiente e PatrimonioUn innovador miradoiro, novo atractivo turístico para Bóveda

Un innovador miradoiro, novo atractivo turístico para Bóveda

Trátase do 'Miradoiro do Alto do Coto', na Serra de Penas, e foi inaugurado oficialmente este 11 de febreiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, acompado do vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, e do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, inauguraron este venres 11 de febreiro o miradoiro do Alto do Coto.

A orixinal construción é unha plataforma en altura á que se accede por unha escaleira e que se sostén sobre unha estrutura de madeira de carballo que eleva o miradoiro a unha altura duns dez metros. O seu deseño evoca unha catapulta, e días atrás algúns usuarios de redes sociais chegaron a pensar que podía tratarse dalgún punto de vixilancia de montes ou algo relacionado co mundo da ornitoloxía.

José Manuel Arias, Alfonso Rueda e Javier Arias. Foto: Prensa Concello de Bóveda.

Está na Serra de Penas e, segundo fontes do Concello de Bóveda, foi financiado coa liña de axudas do Plan Camiña da Xunta –uns 30.000 euros– para as infraestruturas turísticas dos concellos de ata 10.000 habitantes.

Este innovador miradoiro paisaxístico é un novo recurso turístico para o concello. Sitúase no límite entre dúas comunidades de montes –a de Martín e a de Teilán– e permite ver a Ribeira Sacra, Reserva da Biosfera desde o pasado ano, e tamén Os Ancares, O Courel ou Pena Trevinca, xa na provincia de Ourense.

O deseño foi obra da arquitecta municipal, Consuelo Fernández.

ÚLTIMAS

Dáse a coñecer o cartel oficial da XXII Feira Medieval de Monforte

Esta mañá presentouse en rolda de prensa a imaxe gráfica representativa dun dos eventos...

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...