InicioMedio ambiente e PatrimonioO Concello de Folgoso do Courel solicitará a declaración de zona catastrófica...

O Concello de Folgoso do Courel solicitará a declaración de zona catastrófica e liderará a recuperación das zonas afectadas

“Os efectos son devastadores a todos os niveis, polo que cantas máis axudas poidamos recibir máis nos vai axudar na recuperación que temos por diante”, explica a alcaldesa, Lola Castro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Goberno local estuda xa o procedemento para solicitar a declaración de zona catastrófica para que tanto a administración local como os veciños e veciñas poidan recibir compensacións económicas que axuden a paliar os danos causados polo lume.

Estas axudas que ten que conceder o Estado serían compatibles con outras, como as aprobadas este xoves polo Consello da Xunta para a reparación dos danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022.

A alcaldesa anuncia ademais que pedirán a presenza no Concello de persoal técnico da Xunta para axudar aos veciños e veciñas a tramitar a orde aprobada polo Goberno galego á que poden acceder as persoas que sufriran danos nas vivendas, os titulares dos establecementos comerciais, mercantís, industriais e turísticos, os titulares de explotacións agrícolas, forestais e gandeiras, as entidades locais, os titulares de terreos cinexéticos e os de infraestruturas de uso público do medio natural.

“Queremos ir da man dos veciños e veciñas en todo momento e que poidan solicitar o  maior número de axudas posible e que teñan todas as facilidades ao seu alcance para poder facelo”, precisa.

ÚLTIMAS

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...