HomeMedio ambiente e PatrimonioA igrexa do Incio lucirá lavado de cara no verán que vén

A igrexa do Incio lucirá lavado de cara no verán que vén

A Consellería de Cultura destina 140.000 euros á mellora da igrexa de Cruz de Incio, templo de interese histórico, arquitectónico e cultural, deseño dun dos máis afamados arquitectos do século XX, José Luís Fernández de Amo.

Publicado o

- Advertisement -

A Xunta ten solicitada a licenza municipal de obra para executar a remodelación da igrexa da Cruz do Incio. Este martes, 18 de decembro, terá lugar a primeira mesa de contratación desta obra na que se coñecerán as empresas interesadas en facerse cargo dos traballos. “Prevemos contratar as obras ao longo do primeiro trimestre de 2019 e, xa no segundo trimestre, poder iniciar os traballos de remodelación integral da igrexa, que terán un prazo de execución máximo de catro meses”-explicaba Balseiro na presentación que se lle fixo á veciñanza.

As actuacións consistirán en labores de reposición e mantemento, como a substitución da lousa, mellorando as condicións térmicas e de confort. Acometeranse tamén, labores de saneamento para resolver o problema das humidades e no acceso eliminaranse as barreiras arquitectónicas. Tamén se pretenden finalizar obras que quedaron sen rematar no 1963, cando o templo se inaugurou, como é o caso do interior da torre do campanario.

O proxecto de restauración pretende recuperar a monumentalidade e a esencia orixinal da igrexa. Para iso, actuarase sobre o estado das carpinterías, pavimentos, eliminación de cabreado eléctrico e outras instalacións que atravesan a fachada. O tempo de Cruz de Incio, considerado de gran interese histórico, arquitectónico e cultural, representa un dos proxectos máis singulares deseñados por un dos máis afamados arquitectos do século XX, José Luís Fernández de Amo. Na construción e equipamento deste templo tamén participaron o escultor José Luís Sánchez Fernández Pepus, que realizou a imaxe da Virxe Dolorosa, a Cruz Profesional e máis o Sagrario, o vidreiro José LuisGómez Perales, que realizou as vidreiras do Vía Crucis, e os irmáns Atienza que fixeron o resto das lucernarias do templo.

A igrexa caracterízase polo contraste entre a arquitectura de vangarda e a tradicional, e o uso da mármore do propio Incio no pavimento e noutros elementos do interior. A Consellería de Cultura e Turismo destina a estas actuacións 140.00 euros entre a redacción do proxecto e a súa execución.

ÚLTIMAS

O BNG de Pantón pon en cuestión que A Barca sexa de Sober

Os nacionalistas manifestaran xa no seu día, que de contruírse unha ponte, sería importante...

51.000€ para cambiar a cuberta da Casa da Cultura de Bóveda

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, e o conselleiro de Cultura, Lingua e...

Claudio, da cadea Gadisa, desembarca en Quiroga

O establecemento franquiciado, do grupo GADISA, ten unha sala de vendas de 400 m2,...

A estrada provincial que dá acceso ao lugar de Quinteliña, en Chantada, para a ser municipal

O presidente da Deputación destacou que con este acordo se dá resposta a unha...