HomeMovementos sociaisADEGA convoca concentracións de protesta contra o parque eólico do Oribio

ADEGA convoca concentracións de protesta contra o parque eólico do Oribio

O pasado mércores 19 xa se levou a cabo unha protesta no lugar das obras por parte de diversos colectivos ecoloxistas.

Publicado o

- Advertisement -

O pasado mércores día 21, diversos integrantes de ADEGA, da Sociedade Galega de Orinitoloxía, da Asociación Galega de Custodia do Territorio, de EQUO e da Asociación Cultural O Iribio realizaron unha acción reivindicativa no alto da Serra do Oribio, para dar conta dos traballos supostamente ilegais que se estiveron desenvolvendo de cara á construción dun parque eólico.

No terreo, representantes de ADEGA declararon que puideron comprobar como no alto do cordal da serra permanecen tres escavadoras e dous camións, a pesar de que as obras semellan interrompidas. Con todo, constataron que os traballos, levados a cabo nunha zona da especial valor ecolóxico, desfixeron un treito importante do Camiño Real do Bierzo a Monforte e con desbroces “salvaxes” acabaron con diversos exemplares de carballo anano (Quercus Lusitanica). Ao mesmo tempo, existen outros elementos de gran valor etnográfico moi próximos a estas obras, e que se ven ameazados por elas: a Medorra do Fial, as Ventas da Braña e do Retorno e o Portádego do Oribio.

Deste xeito, ADEGA convocou para o sábado 22 de xuño dúas concentracións ante as Casas Consistoriais dos concellos de Samos e Triacastela, para esixir que estas Corporacións Municipais non concedan autorización ou licencia municipal para ningunha obra en espazos da Rede Natura 2000, como sería o caso deste Parque Eólico Serra do Oribio. A primeira mobilización será ás 12 da maña en Samos e media hora máis tarde terá lugar a de Triacastela. Dende alí subirán á Serra do Oribio, a través de Abradelo, para rematar cunha andaina lúdica a pé e un xantar popular.

ÚLTIMAS

O 19 de xullo comeza o servizo de lanzadeiras na Ribeira Sacra cunha nova ruta desde Chantada

O servizo de lanzadeiras que pon en marcha o Consorcio de Turismo da Ribeira...

Promoción de produtos agroalimentarios de calidade en Bóveda

A XXI edición da Feira Outrora, en Rubián, contou este ano coa presenza da...

A Xunta Local de Seguridade de Chantada coordina o dispositivo da Subida a Chantada e das Patronais

A 51ª edición desta proba automobilística celebrarase os días 25, 26 e 27 de...

Sarria celebra desde este 14 de xullo ata o día 20 a IV edición do Ultreia e Suseia

Sarria acolle desde este luns e ata o 20 de xullo unha nova edición...