HomeMovementos sociaisSarria mellora a seguridade viaria pensando nas persoas con autismo

Sarria mellora a seguridade viaria pensando nas persoas con autismo

Procederá á colocación dunha secuencia de pictogramas nos pasos de peóns tras un convenio coa Asociación Teavil, especializada accesibilidade cognitiva.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sarria vén de asinar un convenio coa Asociación Teavial, asociación sen ánimo de lucro que busca mellorar a autonomía e a seguridade viaria das persoas con TEA (Trastorno do Espectro do Autismo).

Grazas a este acordo de colaboración o concello terá unha nova sinalización nos pasos de peóns grazas á colocación dunha secuencia de pictogramas ordenados de forma lóxica sobre a primeira franxa branca dos mesmos.

Estes pictogramas supoñen a adaptación dos pasos de peóns ás persoas con TEA facilitando a comprensión de como se debe actuar, e mellorando por tanto a súa autonomía, ofrecéndolles un plus de seguridade ao colectivo.

Ademais, estes pictogramas cumpren outra misión moi importante: crear unhas cidades máis accesibles para todos, concienciando e empatizando sobre a diversidade, o que vai permitir tamén mellorar a convivencia de todos.

A intención do Concello de Sarria é ir poñendo progresivamente os devanditos pictogramas nos pasos de peóns de toda a vila. A primeira rúa na que se colocarán será a Rúa Xela Arias.

ÚLTIMAS

3ª edición de ‘Brincadeira’, o festival que recupera o ‘brindo’ na Pobra do Brollón

Brindadeira xurdiu no ano 2023 como parte dunha iniciativa do goberno municipal para recuperar...

75.000€ para mellorar a Praza Luis García Arias en Chantada

Esta praza reformárase hai 15 anos co bipartito para crear un espazo complementario aos...

Quiroga presenta as actuacións das festas de verán que se celebrarán do 7 ao 11 de agosto

As festas do xoves abriranse cun concerto do grupo local, Mario Colomán & The...

O PP de Ribas de Sil denuncia que non se convocan os plenos cada dous meses

Os concelleiros do PP de Ribas de Sil denuncian que o alcalde está a...