HomeOpiniónDiario de desescalada: A ver que factura pasan os reencontros

Diario de desescalada: A ver que factura pasan os reencontros

Sempre que falaba co meu avó sobre algo do futuro buscaba definir o que ía pasar, el sempre me dicía -A ver.

Publicado o

- Advertisement -

Poder ver á familia, poder reunirte coas persoas que che importan,… poder volver a “ter contacto” de verdade e non telefónico ou online coa realidade que un quere é un agasallo nestes tempos de Covid19.

Desde que se permitiu ir a unha terraza ata que fun, pasou unha semana. Esta fin de semana abría a terraza do malecón en Monforte; viña de estar na casa, de traer esa comida da nai á que lle fixeras un altar xa na Facultade e despois da Covid19 e dos anos, o altar xa era una catedral… Unha fin de semana de recuperar gran parte de todo o mellor, coas distancias e as normas, pero cando xa son varias persoas é máis difícil de controlar todo. Os resultados desta apertura irémolos vendo co paso dos días.

Anchoas Fase 1 / XdL

Nunha conversa da fin de semana sobre como estaba sendo esta transición dinme, –E que os bares teñen que facer isto, isto e isto e as distancias, e a limpeza, e non poden permitir que a xente non faga as cousas ben e sigan chegando e se enchan as terrazas ata estoupar. 

Uffff, creo que imos mal. Mal fatalSomos aínda nenos de chupete se nos teñen que manexar nos nosos comportamentos cotiás. A responsabilidade de facer as cousas o mellor posible é do bar si, ou do comercio, ou do restaurante pero tamén de cada unha das persoas que utilizamos estos servizos.

Este 17 de maio para min foi o máis especial ata a data. Todo o que poda significar o día das Letras Galegas para unha galega estivo aí: a orixe, as raíces, a base cos mil millóns de matices que iso ten e ese agarimo da túa xente. Non hai máis.

Día das Letras Galegas

Este domingo celebramos o Día das Letras Galegas, os actos oficiais desta celebración terán lugar o 31 de outubro, pero hoxe a maioría dos concellos referenciaron esta data dalgún xeito, facendo homenaxe a Ricardo Carvalho Calero ou ben lembrando a apertura das súas bibliotecas. Vemos o traballo de dous concellos, pero a introdución é por conta de Nemesia Fernández, que leva 107 Días das Letras Galegas

A Presidenta de Honra de Némesis Audiovisual tiña feito unha dedicatoria ao grupo RED RIBEIRA SACRA. A avoa lectora da Ribeira Sacra segue incansable coa súa paixón. Sempre é un exemplo vela e escoitala.

Amigos ribeiraos, este año será el 107 **Día das Letras Galegas **para la Presidenta de Honor de** Némesis Audiovisual** y va a ser muy especial porque recordaremos la dedicatoria que nos hizo al grupo RED RIBEIRA SACRA nuestra admirada Nemesia Fernández, la abuela lectora de la Ribeira Sacra. Ahora más que nunca #redribeirasacracontigo dedica su #muñeirasolidaria a la Presidenta de Honor de Némesis Audiovisual

Publicada por Mar López Sotelo en Martes, 12 de mayo de 2020

Na Ribeira Sacra ourensá, o Concello de Castro Caldelas quixo ir máis alá na súa celebración desta xornada, homenaxeando a nosa lingua, O GALEGO! e para elo fixeron un vídeo “resultado da historia viva da nosa vila a través de tantos homes e mulleres que fixeron posible que as “palabras” perduren ata o día de hoxe.
Porque a lingua é a nosa sinal de identidade, FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!”

En Quiroga optaron pola música, a do quirogués Samuel Soto, que compuxo unha peza dedicada a Carvalho Calero.

Día das Letras Galegas

RTMQ. Hoxe 17 de maio celebramos o día das Letras Galegas. Que mellor maneira que celebralo que coa música do quirogués Samuel Soto, que compuxo unha peza dedicada a Carvalho Calero, o homenaxeado deste ano.

Publicada por QUIROGA en Domingo, 17 de mayo de 2020

[ Esta peza forma parte dun ‘Diario de corentena’  —agora Diario de desescalada— que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos ]

ÚLTIMAS

‘Feira de Nadal’ para dinamizar o comercio local e a artesanía en Quiroga

O Equipo de Goberno do Concello de Quiroga organiza unha Feira de Nadal coa...

Queres ser paxe na Cabalgata dos Reis Magos de Chantada?

As prazas para participar son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Os pais...

O PP de Monforte celebra o investimento anunciado para a rede de abastecemento e espera que “non quede en papel mollado”

Os populares aseguran que “temos claro que o alcalde se moveu grazas á nosa...

Primeira fin de semana do ‘Mercado de Nadal’ de Monforte

Este sábado 21 de decembro abrirá as súas portas o Mercado de Nadal do...