Homesociedade"Activa a túa vida dixital", desde este 14 de outubro no CEMIT...

“Activa a túa vida dixital”, desde este 14 de outubro no CEMIT de Carballedo

A aula CeMIT de Carballedo estrea este xoves o programa piloto de alfabetización tecnolóxica "Activa a túa vida dixital", unha iniciativa conxunta de Fegaus e Canal Sénior que busca achegar os recursos dixitais ás persoas maiores de maneira accesible, acompañada e participativa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante tres semanas consecutivas, os usuarios da aula lucense participarán en sesións semanais que combinan vídeos formativos de curta duración coa presenza dunha persoa dinamizadora que guiará a actividade, resolverá dúbidas en tempo real e fomentará o diálogo grupal.

Esta combinación, xa testada no CeMIT de Cuntis con excelente acollida, permite romper coa pasividade da formación convencional en vídeo, reforzando o compoñente social e humano da aprendizaxe. O curso “Activa a túa vida dixital”, centrado en romper a brecha tecnolóxica, terá lugar os xoves de 11:00h a 12:00h na aula CEMIT de Carballedo.

  • 16 de outubro: Alertas de emerxencia e contactos importantes no teu móbil.
  • 23 de outubro: Aplicacións para a memoria e o exercicio mental.
  • 30 de outubro: Que comer para manterse activo.

Con esta acción, o CeMIT de Carballedo convértese en referente na provincia de Lugo, ao integrar un modelo innovador de formación sénior que poderá replicarse proximamente noutros centros da rede galega. Este piloto representa unha oportunidade para observar de preto como se comporta o formato en contextos rurais e semirrurales, adaptando a metodoloxía ás necesidades reais do territorio. Este formato enmárcase dentro dunha estratexia de colaboración coa rede CeMIT para dinamizar os seus espazos tecnolóxicos a través de actividades accesibles, prácticas e adaptadas á realidade das persoas maiores.

ÚLTIMAS

O 6 de novembro proxéctase en Quiroga “Prisciliano e a Gallaecia”

Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser...

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...