HomePolíticaPolémica esquela no Páramo: "Se ruega una oración para que --o ex...

Polémica esquela no Páramo: “Se ruega una oración para que –o ex alcalde– no vuelva al poder”

Publicado o

- Advertisement -

El Ayuntamiento de O Páramo ruega una oración para que no vuelva al poder y la asistencia al acto de celebración que se oficiará, no sé que día ni que hora, delante del Concello de O Páramo. Seguidamente habrá fuegos artificiales y lo que surja. Capilla Ardiente: Campo da Feira. No se recibe duelo ni flores. Los parameses reunidos, nunca serán vencidos”.

Este é o texto, en forma de necrolóxico, que figura nun documento que apareceu no Concello do Páramo e que fai alusión ao ex alcalde da localidade, Gumersindo Rodríguez, que dirixiu este concello durante os últimos 36 anos, e que perdeu nos comicios do pasado 26 de maio derrotado pola formación Todo polo Páramo.

O PPdeG solicitou retirar de forma inmediata un cartel que simula unha necrolóxica e que apareceu xunto a un ramo de flores, unha vela e un lazo negro. “É unha absoluta falta de respecto cara a unha persoa que representou durante 36 anos a todos os veciños deste municipio lucense”, dixo a voceira popular que cualificou de “especialmente grave” este tipo de símbolos en “instalacións de titularidade municipal”.

Arias lamentou que o exalcalde teña que “vivir agora unha amarga saída” do Concello, tras poder gozar de maioría absoluta durante varias décadas.

ÚLTIMAS

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...

O novo episodio de “Folcast” ten como protagonista a Terra de Lemos

O novo episodio de "Folcast" conta coa condución de Xosé Gago e Vanesa de...