HomePolíticaKatherinie Varela (PP): "A Tomé interésalle máis a súa ambición persoal ca...

Katherinie Varela (PP): “A Tomé interésalle máis a súa ambición persoal ca a cidade de Monforte”

A voceira dos Populares monfortinos vén de denunciar que a través das declaracións e a actitude do alcalde José Tomé desde que tomara posesión como presidente da Deputación é posible constatar que "xa está a desatender o Concello".

Publicado o

- Advertisement -

O Grupo do PP monfortino vén de expresar o seu “malestar” ante a actitude de José Tomé, alcalde socialista, tras o seu nomeamento como presidente da Deputación de Lugo. Así o manifestou a voceira dos Populares, Katherinie Varela, quen afirmou que é posible constatar que o alcalde socialista “xa está a desatender o Concello“. “Está a demostrar que lle interesa moi pouco a nosa cidade e si a súa ambición persoal”, declarou Varela.

Estas declaracións xorden despois do anuncio de que Tomé pretende estar tres días en Lugo e tan só dou en Monforte. Conclúen que se a adicación do Rexedor “será reducida”, tamén debería “ser reducido o seu salario”. Nestes momentos o alcalde monfortino está a percibir un soldo pola súa adicación exclusiva ao Concello, e dende o PP cren que “se vai traballar ao 60% na Deputación, o lóxico e obxectivo sería que cobrase tamén o 60%”.

Doutra banda, resaltaron a ausencia de Tomé na xornada Demoday de emprendedores no Espazo Coworking. Segundo os Populares isto é unha proba máis de que “lle importa máis o despacho de Lugo que o do Concello”, xa que a toma de investidura tivo lugar pola mañá e este acto estaba organizado pola tarde e a súa axenda teríalle permitido acudir. “Claramente estalle dando a espalda aos monfortinos, que pasamos a ser o segundo prato”, remarcou Katherinie Varela.

ÚLTIMAS

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...