HomePolíticaO BNG de Sarria denuncia o peche da billeteira de Renfe

O BNG de Sarria denuncia o peche da billeteira de Renfe

A formación nacionalista vén de rexistrar unha moción en contra desta decisión e insta ao Goberno central a mellorar o servizo ferroviario, reiterando demandas como a electrificación da vía ata A Coruña -e non só ata Lugo como está previsto- e o aumento de frecuencias e horarios para comunicar Sarria con esta cidade.

Publicado o

- Advertisement -

A formación nacionalista denuncia que a decisión de Renfe supón minguar aínda máis a calidade do servizo xa que os usuarios non contan cun espazo físico ao que dirixirse para mercar os seus billetes ou formular calquera queixa ou solicitude de información.

O concelleiro nacionalista Efrén Castro criticou unha decisión que “prexudica a mobilidade da veciñanza en transporte público e tamén o sector turístico” xa que, subliñou, “a vila é unha das principais referencias do inicio do Camiño de Santiago e moitos peregrinos chegan ata aquí en tren”. “Trátase dunha decisión inxustificada xa que a estación incrementou os usuarios nun 40 por cento no periodo entre 2016-2018”, engadiu.

A proposta, rexistrada o xoves 2 de xaneiro no concello, chega para o seu debate no vindeiro pleno municipal; expresa o rexeitamento da veciñanza de Sarria ao peche da billeteira e insta ao goberno central a mellorar o servizo ferroviario dando maior cobertura de frecuencias e horarios para o aumento de viaxeiros e viaxeiras no traxecto Sarria-A Coruña. Ademais, a moción insta á Xunta de Galicia a reclamar e asumir as competencias en materia ferroviaria.

Dende o BNG de Sarria subliñan que “a liña A Coruña-Lugo-Monforte segue sendo una das liñas máis abandonadas de todo o Estado” e responsabilizan da situación tanto aos executivos do Partido Popular como do PSOE en Madrid. Na liña crítica anterior, os nacionalistas lembraron que “hai apenas seis anos o Ministerio de Fomento autorizou a Renfe a suprimir servizos e proceder ao peche de estacións no noso país”.

ÚLTIMAS

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...