HomePolíticaMelloras no saneamento e que o concello xestione a piscina municipal, demandas...

Melloras no saneamento e que o concello xestione a piscina municipal, demandas do PP de Monforte

Ademais de varias mocións, o PP presenta un rogo para que o alcalde solicite da Confederación Hidrográfica Miño-Sil o informe favorable para o proxecto de prolongación ata a N-120 do acceso ao Porto Seco.

Publicado o

- Advertisement -

O saneamento de Monforte presenta carencias e deficiencias, “fronte ás que o goberno municipal presidido polo socialista José Tomé parece insensible”, sinalan desde o PP. Nesta situación, o Partido Popular leva ao pleno unha moción para intentar que o goberno local dea algúns pasos necesarios para saír da parálise neste asunto. Na moción solicitáselle ao alcalde «que se dirixa ao secretario de Estado de Medio Ambiente e ao Ministerio de Transición Ecolóxica e solicite que se garanta a asignación de fondos FEDER xestionados pola Administración central á mellora do saneamento da cidade de Monforte de Lemos».

A voceira popular, Katy Varela, explica que o seu grupo presentou en xullo pasado unha moción para que o Concello instase ao Goberno central a destinar á depuradora de Monforte fondos previstos para a de Santiago, que, por distintas causas, non podían ser executados.

Por outro lado, o grupo municipal do PP tamén defenderá no próximo pleno, unha moción en relación coa piscina municipal. Piden que o concello xestione o servizo, e se transcorrido o prazo fixado a empresa non é capaz de garantir as súas obrigas, se resolva o mesmo podéndose valorar a posibilidade de reverter o servizo co fin de facelo exclusivamente de titularidade municipal.

Varela di que a empresa incumpre cláusulas do actual contrato, entre outras, a número 30: «..son de conta do contratista…satisfacer todos os gastos que a empresa deba realizar para o cumprimento do contrato, como son…materiais, instalacións, honorarios de persoal o seu cargo…». Katy Varela considera que é posible aplicar o artigo 263 da Lei de Contratos do Sector Público que «contempla a posibilidade do secuestro temporal do contrato de explotación cando o concesionario non poida facer fronte, temporalmente e con grave dano social, á explotación da obra por causas alleas ao mesmo ou incorrese nun incumprimento grave das súas obrigas que puxeran en perigo a súa explotación».

Concentración Piscina Municipal / PP de Monforte

ÚLTIMAS

Diego Vallina sobre o  pan de Siós: “cando chego ao Gadis case mo quitan das mans”

Cada día quedan menos panaderías como as de antes, que cozan en fornos de...

Do 26 ao 30 de outubro Quiroga organiza un curso de introdución á lingua e cultura galegas

O Concello de Quiroga contará cun curso de iniciación ao galego especialmente indicado para...

A Deputación inviste na provincia 3,2 M€ en axudas directas ao deporte de base

O servizo de Deportes tramitou as 55 axudas nominativas consignadas nos orzamentos de 2025:...

‘Éxitos da música galega’ na Casa da Memoria de Bóveda

Os amantes da música galega, especialmente deses temas que temos gardados na memoria e...