HomePolíticaSarria promove o Orgullo LGTBI

Sarria promove o Orgullo LGTBI

A Concellería de Cultura e Igualdade aposta un ano máis pola visibilización da diversidade sexual co programa “Sarria de todas as cores”.

Publicado o

- Advertisement -

Tras o éxito das edicións anteriores, o Concello de Sarria presenta este ano un programa con diversas actividades culturais e divulgativas que pretenden promover o coñecemento, a tolerancia e o respecto polo colectivo LGTBI+.

A intención desta acción é promover o debate, a análise e a reflexión sobre a diversidade sexual e dar a coñecer tamén a produción cultural que nos chega en diferentes variantes creativas e artísticas dende o colectivo LGTBI+

As actividades deste ano  céntranse no papel dos medios de comunicación para favorecer a visibilidade, a importancia da acción política na consecución da igualdade e a creación cultural cun ciclo de cinema e peche musical da cantautora SES.

As actividades do programa “Sarria de todas as cores” comezou este luns cunha mesa redonda sobre o papel dos medios de comunicación na visibilización e aceptación social da diversidade sexual. Participaron na mesma o coñecido xornalista Alfonso Hermida, a psicóloga e sexóloga Martina González Veiga, a sindicalista Mary Rodríguez García e a xornalista e escritora Eva Mejuto.

Sarria de todas as cores. Concello de Sarria

En canto á produción cultural apóstase de novo polo Ciclo de Cinema LGTBI+ na Casa da Cultura de Sarria.  Hoxe proxectouse a coprodución hispano-británica “Tierra firme” (2017), dirixida por Carlos Marques-Marcet. O mércores ás 20:00 h. terá lugar a proxección e posterior debate co director, Lázaro Louzao, do primeiro filme LGTBI+ en galego, “Nove de novembro” (2018) e xa para rematar, o xoves proxectarase o multipremiado filme “Ander” (2009), a primeira longametraxe LGTBI+ en euskera. Esta cinta foi dirixida polo cineasta galego Roberto Castón, que participará no debate posterior ao seu visionado.

Remate das actividades na Sociedade cultural La Unión

As actividades rematan o venres día 6 cunha mesa redonda a partir das 20:00 h. na que se reflexionará sobre a diversidade sexual no ámbito político. Moderarán o debate a activista trans Sara Moreno e o xurista Miguel Vieito Villar intervindo no mesmo as deputadas autonómicas Olalla Rodil Fernández (BNG), Noela Blanco Rodríguez (PSdeG-PSOE) e Paula Verao (En Marea).

O toque festivo do fin do programa, tamén na entidade social La Unión, virá da man da recoñecida cantautora galega SES a partir das 22:00 horas. Concerto no que presentará o seu quinto disco “Readmirando a condición”.

 

ÚLTIMAS

435.000€ para a mellora da estrada que une Sarria co Polígono do Morelle

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou este martes a zona para comprobar...

A D.O. Ribeira Sacra pecha a campaña con 4.617.965 quilos vendimados

A campaña despídese cun claro protagonismo das variedades tintas con 3.552.736 quilos, coa Mencía...

“Activa a túa vida dixital”, desde este 14 de outubro no CEMIT de Carballedo

Durante tres semanas consecutivas, os usuarios da aula lucense participarán en sesións semanais que...

Xornada cultural dedicada á ‘Bruxa de Torbeo’

Filomena Arias, coñecida como "A Bruxa de Torbeo" é unha figura popular que marcou a...