HomePolíticaMarea Galeguista teme que os rebrotes impidan o dereito a voto

Marea Galeguista teme que os rebrotes impidan o dereito a voto

“O que ten que deixar claro (a Xunta) é que o exercicio democrático se pode facer de forma normal, se non, ten que aprazar as eleccións”, insistiu Casal, que tamén censurou que se recomende levar a papeleta de casa, algo que prexudica ás formacións que, como Marea Galeguista, prescindiron do ‘mailing’ e beneficia ás candidaturas “que gastaron unha porrada de diñeiro” niso.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O candidato de Marea Galeguista á Presidencia da Xunta, Pancho Casal, considera que se os rebrotes de coronavirus, como o desatado na comarca da Mariña luguesa, impide que “moitos” cidadáns exerzan o seu dereito a voto, as eleccións autonómicas “teñen que aprazarse”. A coalición da Marea Galeguista, no seu momento, manifestárase de acordo coa celebración dos comicios nesta data, mentres PSdeG, BNG e Galicia En Común-Anova-Mareas criticaran a decisión.

Casal cre que a Xunta e o seu presidente e aspirante á reelección polo PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, tratan de “restar importancia” ao rebrote da Mariña “decretando un apagamento informativo nos medios públicos e privados”.

Tras afear que busquen “negar a realidade, o peor que pode facerse nunha situación de emerxencia”, a cabeza de lista de Marea Galeguista demandou á Consellería de Sanidade que ofreza “información” sobre a situación no norte da provincia de Lugo e “publique o protocolo” ante rebrotes.

Temos candidatos de nosa propia candidatura con sospeitas de estar infectados e dinnos que non lles fan as probas“, sentenciou Casal, que advirte das consecuencias que a situación desatada na Mariña pode carrexar nun proceso electoral que, como lembrou, En Marea apoiou retomar en contra da postura do resto de partidos da oposición con presenza na Cámara galega. Toda a información no Xornal de Vigo.

ÚLTIMAS

Convocado o concurso oficial para o cartel da XXII Feira Outrora de Rubián

O Concello de Bóveda vén de anunciar a convocatoria para participar no concurso gráfico...

O Cineclub Ateneo de Monforte propón cine e música para celebrar o 1º de maio

O Cineclub Ateneo organiza unha programación especial para este primeiro de maio. Ás 20:00h...

Tres día de Feira do Viño en Vilachá de Salvadur para a ponte de maio

Unha nova edición da Feira do Viño de Vilachá celébrase na ponte de maio...

Comezan as obras de mellora na estrada LU-P-4905 entre Portomarín e Taboada

Esta actuación céntrase nos primeiros 10,5 quilómetros da vía, ao seu paso polo termo...