InicioPolíticaO PP de Monforte denuncia o desinterese de Tomé polo ferrocarril

O PP de Monforte denuncia o desinterese de Tomé polo ferrocarril

O PP critica con rotundidade a Tomé por negarse a considerar urxente a súa proposta para esixir ao Goberno a reposición de servizos ferroviarios que foron suprimidos en Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O PP lamenta que o alcalde de Monforte rexeitara considerar urxente a súa moción contra a perda de servizos ferroviarios porque, segundo os populares asegurou que o ferrocarril en Monforte leva moitos anos desmantelándose.

Un dos obxectivos da proposta popular sobre o ferrocarril é demandar o restablecemento inmediato de todos os servizos de tren que foron suprimidos e incrementar o cadro de persoal de maquinistas e dotar do persoal necesario os servizos ferroviarios que se prestan co obxectivo de ofrecer un transporte de tren de calidade aos usuarios.

A portavoz, Katy Varela, considera absolutamente inxustificable a decisión do alcalde de non considerar urxente esta moción, unha resolución que –di- “encaixa perfectamente no perfil político de quen asegura que como hai pouca xente na zona rural da provincia non é preciso facer máis anchas as estradas provinciais. Encaixa tamén na maneira de entender a política con respecto a Galicia que ten o Goberno central, que queda ben clara cos casos de Alcoa e o ferrocarril en Monforte, e que está centrada no desmantelamento industrial.”

Varela explica: “En comisión informativa previa ao pleno, argumentamos o carácter de urxencia da nosa proposta en que, de non ser incluída na orde do día do pleno, ata a sesión plenaria de finais de setembro non se podería levar a moción e chegariamos tarde xa ás consecuencias que terá o problema este verán.”

A portavoz popular engade: “Está claro que ao señor Tomé, como ao Goberno de Pedro Sánchez, Lugo impórtalles moi pouco. Non hai máis que mirar o que pasou con Endesa-As Pontes, o que acontece con Alcoa e o paulatino e acelerado desmantelamento dos servizos ferroviarios en Monforte o no resto da provincia”. 

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela celebra o 40 aniversario

Este venres 26 de abril o IES A Pinguela ten programada unha xornada na...

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...