HomePolíticaO PP de Monforte quere asegurarse do investimento dun millón de euros...

O PP de Monforte quere asegurarse do investimento dun millón de euros do goberno municipal

A súa intención é visitar as 27 parroquias do concello co obxectivo de consultar ós veciños das mesmas as necesidades máis urxentes que teñen cada unha delas.

Publicado o

- Advertisement -

Como xa informou o XdL , o goberno municipal de Monforte fixo público o investimento de máis dun millón de euros para o arranxo, sobre todo, de estradas rurais e obras básicas de mantemento da canalización.

Tras este anuncio, o PP de Monforte fai pública a súa intención de visitar as 27 parroquias do concello co obxectivo de consultar ós veciños das mesmas as necesidades máis urxentes que teñen cada unha delas. Dende o partido de Julia Rodríguez manifestan que “as actuacións proxectadas polo goberno local para a parroquia de San Xoán de Tor non están concretadas” e é que dende o seu partido teñen a intención de “visitar as 27 parroquias para presentar todas as peticións a Pleno segundo as súas necesidades”.

Con respecto á parroquia de San Xoán de Tor, dende o PP solicita ó alcalde que asfalte as pistas que levan ó núcleo urbano de Tor, a máis das do propio lugar, incluindo a que conduce á fonte, o arranxo das cunetas e a canalización da auga que agora discorre pola pista provocando o seu deterioro. A voceira do PP manifesta que estas demandas son as que manifestaron no seu día os veciños do lugar e que, polo tanto, deben de ser atendidas.

Por outra banda, os populares demándanlle a empresa xestora de auga, Aqualia, “o arranxo da avaría localizada no medio dun carril da estrada que leva a esta parroquia onde non existen sistemas de iluminación nocturna”. Este é motivo polo cal esixen que se “sinalice axeitadamente esta apertura na estrada que se estende no tempo máis de dous meses”. Finalmente, tamén requiren actuacións de pintado e sinalización horizontal da devandita estrada.

 

ÚLTIMAS

3ª edición de ‘Brincadeira’, o festival que recupera o ‘brindo’ na Pobra do Brollón

Brindadeira xurdiu no ano 2023 como parte dunha iniciativa do goberno municipal para recuperar...

75.000€ para mellorar a Praza Luis García Arias en Chantada

Esta praza reformárase hai 15 anos co bipartito para crear un espazo complementario aos...

Quiroga presenta as actuacións das festas de verán que se celebrarán do 7 ao 11 de agosto

As festas do xoves abriranse cun concerto do grupo local, Mario Colomán & The...

O PP de Ribas de Sil denuncia que non se convocan os plenos cada dous meses

Os concelleiros do PP de Ribas de Sil denuncian que o alcalde está a...