HomePolíticaO Concello de Quiroga informa de 7 positivos

O Concello de Quiroga informa de 7 positivos

Tomouse a decisión, por prudencia, de pechar xa os parques infantís e suspender todas as actividades programadas para este mes de outubro que supoñan concentracións de xente.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, informou o pasado venres da confirmación por parte das autoridades competentes de sete positivos en Covid-19 no concello.

Aínda que dende a Xunta de Galicia seguen mantendo a Quiroga en zona verde dada a situación epidemiolóxica, dende o Concello de Quiroga tomouse a decisión, por prudencia, de pechar xa os parques infantís e suspender todas as actividades programadas para este mes de outubro e que supoñan a concentración de xente.

O rexedor local chama á tranquilidade da cidadanía, recomenda aos veciños e veciñas saír o menos posible da casa e lembra a obligatoriedade de cumprir coas medidas sanitarias recomendadas: uso de máscara, distancia social e desinfeccións de mans. Asegura así memo que as forzas de seguridade teñen instruccións para facer cumprir as medidas indicadas.

ÚLTIMAS

O 19 de xullo comeza o servizo de lanzadeiras na Ribeira Sacra cunha nova ruta desde Chantada

O servizo de lanzadeiras que pon en marcha o Consorcio de Turismo da Ribeira...

Promoción de produtos agroalimentarios de calidade en Bóveda

A XXI edición da Feira Outrora, en Rubián, contou este ano coa presenza da...

A Xunta Local de Seguridade de Chantada coordina o dispositivo da Subida a Chantada e das Patronais

A 51ª edición desta proba automobilística celebrarase os días 25, 26 e 27 de...

Sarria celebra desde este 14 de xullo ata o día 20 a IV edición do Ultreia e Suseia

Sarria acolle desde este luns e ata o 20 de xullo unha nova edición...