InicioPolíticaO pleno provincial aproba demandar á Xunta unha UCI para Monforte

O pleno provincial aproba demandar á Xunta unha UCI para Monforte

O Pleno provincial aprobou este martes a moción presentada polo BNG para esixir á Xunta de Galiza a creación dunha unidade de coidados intensivos no Hospital Comarcal de Monforte de Lemos. O Partido Popular non apoiou a proposta nacionalista e cuestionou a necesidade deste servizo nos hospitais comarcais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O voceiro Efrén Castro explicou que se trata dunha demanda histórica dos veciños e veciñas da comarca de Lemos que na situación sanitaria actual resulta, se cabe, máis urxente. “É evidente que este tipo de atención a pacientes graves é necesaria en calquera momento pero, a maiores, a primeira vaga da pandemia da Covid 19 amosounos a importancia de contar con camas Uci”, lembrou o deputado nacionalista.

A proposta saiu adiante malia a abstención do Partido Popular que cuestionou a necesidade deste servizo nun hospital comarcal. “Non pode haber hospitais de primeira e hospitais de segunda.  Temos  dereito a unha atención sanitaria de calidade vivamos onde vivamos”, reclamou Efrén Castro, lembrando que o hospital de Monforte atende máis de 42.000 persoas, cunha media de idade avanzada e unha distancia máis que considerable a Lugo.

Atención primaria no Saviñao

Nunha moción presentada polo PSdG reclamábase o comproiso do Sergas para cubrir a praza de médico que quedará vacante no centro de saúde de Escairón. O BNG apoiou a iniciativa, solicitando tamén que o Sergas dote de persoal administrativo o consultorio de Currelos. 

En relación coa atención primaria, o voceiro nacionaista pediu que a Xunta de Galiza que deixe “a propaganda e os números e invista en persoal e servizos para recuperar a atención presencial nos centros de saúde”. “Hai doenzas que necesitan unha atencion presencial e grupos de idade para os que resulta complicada a consulta telefónica.  So hai que saír a rúa para escoitar e ver a preocupación da xente que sufre estas situacións”, lembrou.   

Transparencia e información aos concellos

O Pleno tamén aprobou unha moción para pedir á Xunta que facilite aos concellos información sobre os casos de Covid 19. A entrada ao Pleno, a deputada nacionalista e vicepresidenta da Deputación Maite Ferreiro incidiu en que “os concellos deben ser un os primeiros en saber como é a situación sanitaria para tomar as medidas que consideren” e critcou que “a Xunta oculte datos e non asuma as súas responsabilidades en relación coa xestión da pandemia.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela celebra o 40 aniversario

Este venres 26 de abril o IES A Pinguela ten programada unha xornada na...

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...