HomePolíticaO PP acusa a Tomé de ofender aos veciños de Carballedo coas...

O PP acusa a Tomé de ofender aos veciños de Carballedo coas melloras en estradas provinciais

O PP defendeu na Deputación unha moción para o amaño de catro estradas provinciais no municipio de Carballedo. Os socialistas votaron en contra desta iniciativa. Mentres, o presidente, José Tomé, anuncia actuacións en estradas deste municipio por 34.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O portavoz provincial do PP, Javier Castiñeira, sinala: “Con motivo da visita do señor Tomé a Carballedo, para presentar o remate das obras, valoradas en 34.000 euros nas estradas provinciais neste concello, o Partido Popular non ten máis que dicir que isto é absolutamente ridículo e vergonzoso, sobre todo ofensivo para todos os veciños de Carballedo e especialmente para os seis colectivos veciñais que pedían que se arranxaran a totalidade das vías provinciais neste concello”.

Castiñeira explica que “estas estradas, que unen o concello de norte a sur e cos municipios veciños, están en moi mal estado, porque levan moitos anos sen arranxar nin un só quilómetro”. “Case 40  quilómetros que seguen en mal estado mentres vemos como o presidente Tomé rise de todos aqueles que  solicitamos o arranxo desas estradas que son fundamentais para a vida  no rural”. 

Castiñeira declara: “O señor Tomé vende 400 metros de cuneta e o arranxo dun aparcadoiro que da acceso ao pantalán dos Peares que, dende hai varios anos, non ten o servicio de catamarán porque o retirou a Deputación de Lugo”. Para os populares esta forma de actuar do presidente da Deputación “é un absoluto despropósito”. 

ÚLTIMAS

Doc Magoo’s: 25 anos de Rock and Roll

A banda de rocanrol Doc Magoo's percorreu un longo camiño desde os seus inicios...

Este 7 de xullo péchase a zona de xogos do Parque da Compañía

A primeira hora da mañá deste luns, 7 de xullo, procederase á realización de...

A campaña ‘Merca no teu comercio’ chega á Comarca de Quiroga

'Merca no teu comercio' chega aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso...

Extinguido o incendio de Monforte que afectou a Seoane e San Xiao de Tor

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio de Monforte...