InicioPolíticaCourel Vivo pide que o concello teña base das brigadas de incendios

Courel Vivo pide que o concello teña base das brigadas de incendios

Desde Courel Vivo afirman que "É inadmisible que se intenten normalizar os lumes e que se insinúe que son algúns gandeiros e apicultores os causantes dos mesmos, cando e gracias a eles e o seu traballo que os montes se manteñen limpos."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No que vai de ano o Concello de Folgoso do Courel foi castigado por varios lumes, dous deles de grande envergadura. Courel Vivo considera que o concello debería de loitar para que a Xunta de Galicia dote esta zona cunha brigada para a prevención durante todo o ano e outra de reforzo de 6 meses.

CV propón traballar en conxunto para protexer “á xente, ás aldeas e ós nosos montes en futuros incendios.” E sinalan as seguintes deficiencias:

  • Cóntase no concello con moitos carrozos e fontes que levan auga, que poderían servir para facer máis puntos de carga para motobombas e helicópteros.
  • Hoxe en día non se conta con brigadas da Xunta, estables no Courel. Tampouco con brigadas de reforzo que piden se repartan por Comarcas en función do volume de masa forestal.
  • A Xunta desmantelou a caseta de Piapáxaro, anulando no Courel a posibilidade de que un vixiante detectase e coordinase a chegada rápida a un lume. Restablecendo ese punto, conseguiríase maior vixilancia e ademais xeraría postos de traballo na zona.
  • O concello debería contar con 2 brigadas verdes todo o ano que se adicaran á prevención, limpeza e acondicionamento de pistas de acceso ós montes, acondicionamento de puntos de auga, etc. Poderían ser de arredor de 15 novos postos de traballo estables, tan precisos nesta zona.
  • Que a Xunta de Galicia dispoña de Helicópteros con visión nocturna é importante para atallar a maioría dos lumes
  • Nos grandes lumes, deberíase usar a palla e herba para tentar facer unha cuberta natural e fixar a cinza ó chan impedindo que chegue ós ríos en gran cantidade e se degrade máis o terreo ardido.

Ademais de dar solución a estas cuestións na moción que presentan, piden:

  • Solicitarlle á Xunta de Galicia, 2 brigadas verde para traballar na prevención, todo o ano, no Concello.
  • Que se asigne unha Brigada de Extinción de todo o ano ó Courel reforzando a que hai con máis persoal.
  • Que se reorganicen as bases das sete brigadas de reforzo, poñendo unha no noso Concello.
  • Que se tente dotar dun pozo de carga a cada aldea na que se dean as condicións para usar con motobomba, helicóptero. Así mesmo que se manteñan as rodeiras de acceso ó monte que se consideren esenciais, acondicionadas para acceder cunha motobomba.
  • Solicitarlle á Xunta de Galicia máis axudas para plantacións de arbores autóctonas, como castiñeiros, nas zonas de Montaña e potenciar a creación de pastizais.
  • Que desde o Concello se traballe máis en serio nas faixas ás aldeas que marca a lei, para previr e non ter que lamentar.

ÚLTIMAS

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...