InicioPolíticaO BNG de Quiroga denuncia a política de contratacións do alcalde

O BNG de Quiroga denuncia a política de contratacións do alcalde

Segundo os nacionalistas están a facerse contratacións innecesarias que supoñen unha carga económica substancial para o concello. Sinalan que o contrato do ‘enxeñeiro técnico agrícola’ pasa dos 22.000 € (de xullo de 2021 a abril de 2022), e o do asesor xurídico ascenderá a 18.029 € (agosto 2021 a agosto 2022).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O 23 de outubro de 2020 o Concello de Quiroga comunicoulle á arquitecta municipal, Verónica Quintela Soto, a finalización do seu contrato, esta opúxose a esta decisión levando a solución do conflito a sede xudicial. No seu lugar entrou un profesional que realizou os seus servizos para o concello facturando por eles.

A finais de xuño deste ano o Xulgado do Social nº 2 de Lugo estimou a demanda de Verónica Quintela declarando a nulidade do despedimento devandito. A sentenza obrigaba á readmisión da arquitecta municipal, ao abono de salarios deixados de percibir a razón de 104,53 euros brutos diarios e a pagar ademais á demandante a cantidade de 6.251 € en concepto de indemnización.

Segundo o BNG, con esta readmisión poderíase prescindir do técnico contratado no seu lugar e rematar a súa relación laboral co concello, “pero o Concello de Quiroga procede a formalizar un contrato temporal con el como ‘Enxeñeiro Técnico Agrícola’.

Engaden desde o BNG que o 19 de agosto dase conta da contratación dun asesor xurídico aprobada en xunta de goberno días antes. Un contrato que dende o BNG de Quiroga consideran “innecesario e caprichoso, máis cando a Deputación de Lugo ofrece ese servizo de forma eficiente e profesional a concellos e ata esta data Quiroga estaba facendo uso del.

Ao respecto do despedimento da arquitecta, desde o BNG insisten “na vulneración dos dereitos fundamentais” da traballadora e rexeitan a actuación da Alcaldía “polo exercicio de presións e represalias”. Neste senso fixan o foco na causa do despedimento que expón o Xuíz no fundamento de dereito TERCEIRO:

“Considero que estamos en presenza dun despedimento nulo. A decisión extintiva adoptada polo Concello é claramente antixurídica. Faise referencia a causas económicas e a baixo rendemento pero sen proporcionar máis datos. É claro, examinados os arts. 49 e seguintes da Lei que a decisión tomada polo demandando é contraria á Lei.

Considero que, da proba practicada, resulta que a causa do despedimento atópase na emisión de informes pola demandante, no exercicio das súas funcións, nun sentido distinto do desexado por responsables do demandado. Considero que a emisión de informes por un arquitecto é exercicio do dereito do art. 20.1.a da Constitución (expresar e difundir libremente pensamentos, ideas e opinións mediante palabra, escrito ou calquera outro medio de reprodución). Deste xeito, a decisión extintiva do Concello é a ‘represalia’ por exercitar a demandante o dereito fundamental do art. 20.1.a na emisión de informes e, por tanto, o despedimento merece a consideración de nulo.”

ÚLTIMAS

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...