HomePolíticaO BNG avoga por manter a oferta educativa en Chantada para consolidar...

O BNG avoga por manter a oferta educativa en Chantada para consolidar poboación no rural

A través dunha pregunta parlamentaria sobre as previsións da Conselleira de Educación para modificar a oferta educativa en Chantada, a deputada do BNG, Carme Aira, avogou por “manter a actual oferta para impedir o traslado do alumnado a outros centros” e, sobre todo, dixo, para consolidar a poboación no rural.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na súa intervención, Aira explicou que Chantada conta con dous institutos, o Val do Asma e o Lamas das Quendas, centros complementarios na súa oferta formativa para a poboación de Chantada e contorna.

No mes de febreiro facíase pública a intención da consellería de Educación  de destinar a Formación Profesional do Val do Asma e o alumnado ao outro instituto. Para a deputada, esta  decisión non resulta “entendible”, nin para a comunidade educativa nin para a poboación de Chantada xa que o Instituto Val do Asma “é un centro que funciona extremadamente ben e as numerosas solicitudes de matriculación contribúen a que o alumnado poida escoller entre diferentes ofertas educativas.” 

“O máis incomprensible”, recalcou a nacionalista, é que a medida non fora  tratada cos actores implicados e que a Consellería non tivera en conta o rexeitamento de todos os ámbitos afectados. Durante este tempo houbo movementos sociais para reivindicar que se manteñan ambos institutos.

A xuízo da deputada, a oferta formativa de FP merece unha especial atención e debe resultar “atractiva” para a mocidade do interior con estudos enfocados a saídas profesionais que favorezan a “implantación de xuventude no rural. Non podemos permitir que se perda a oferta formativa de Chantada e comarca baixo a obriga de materias con cinco alumnos ou alumnas”. Este criterio, dixo a deputada, “non discrimina positivamente o rural e avogou por  manter a oferta, á marxe do número de rapaces e rapazas matriculadas”.

Carme Aira / BNG

A deputada esixiu “valentía” ao Director Xeral de Educación, José Luís Mira e un compromiso real para aplicar  políticas que melloren a oferta formativa dos centros de xeito coordinado dentro do territorio, “hai que abrir o abano o máximo posible, facilitar o transporte público para o alumnado, aproveitar o potencial dos centros polas tardes, retirar a  norma que cuantifica o valor das persoas que queren estudar, de modo que 5 valen e 4 non valen aínda que haxa medios para iso, o cal a máis de ser absurdo debería ser ilegal”.

“A poboación, os cadros directivos, nais e pais e crianzas, debe ter a seguridade da oferta educativa e non a incerteza sobre o que pode acontecer no vindeiro curso,” concluíu.

ÚLTIMAS

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...