HomePolíticaVermú informativo o día 28 no Courel sobre alternativas á conexion a...

Vermú informativo o día 28 no Courel sobre alternativas á conexion a internet por cable

O BNG de Folgoso do Courel organiza este Vermú Informativo que terá lugar ás 12:00 na Fundación Uxío Novoneyra, en Parada do Courel e no que o Enxeñeiro de Telecomunicacións, Sergio Simons, falará do “Illamento tecnolóxico, Alternativas á conexión por cable”

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este xoves, 26 de maio, veciñas e veciños do Courel concentráronse convocadas polo BNG, diante da Casa do Concello de Folgoso do Courel, para protestar pola falta de investimentos en tecnoloxía no rural galego, “un claro desleixo tanto por parte das administracións públicas, como polo sector privado,” sinalan desde o BNG.

Esta semana acaba de materializarse a desconexión da rede de cobre que daba servizo ao municipiode Folgoso do Courel, sen que polo de agora, nin administracións nin empresas, deran unha alternativa viable ás numerosas familias courelás que quedan sen servizo de internet e telefonía.

O BNG ven denunciando desde hai moitos anos, que a falta de respecto polo rural é un mal endémico neste país. “A redución constante de servizos dificulta, se non impide, a posibilidade de asentar poboación nas aldeas, e a falta de alternativas provoca a fuga das poucas persoas que o
intentan. Pero alternativas hai, o que se precisa é interese para desenvolvelas,” por este motivo, desde o BNG do Courel, convidan ás persoas interesadas a participar neste vermú informativo.

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...