HomePolíticaOs socialistas de Pantón avanzan o arranxo da estrada provincial de Moreda...

Os socialistas de Pantón avanzan o arranxo da estrada provincial de Moreda a Paderne

Os Socialistas de Pantón avanzaron que o parque móbil da Deputación comezou as obras para arranxar a estrada provincial de Moreda a Paderne, concretamente a LU-P-4108.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este martes, día 24, a Deputación de Lugo comezou as obras do firme que consistirán no acondicionamento da vía con rego asfáltico nun tramo de 4 quilómetros da estada LU-P-4108.

“Coa reparación desta vía de comunicación melloramos a seguridade viaria desta estrada provincial, e ao mesmo tempo, damos resposta ás demandas da veciñanza que reclamaba o arranxo deste vial tan utilizado na contorna”, explican dende o PSdeG.

Os socialistas de Pantón aseguran que mantiveron diversas conversas co Presidente da Deputación, José Tomé Roca, ao que lle trasladaron as prioridades para mellorar as dotacións publicas, así como as estradas provinciais que transcorren polo Concello, como neste caso a de Moreda a Paderne. “Por iso queremos agradecer o compromiso do Presidente da Deputación coa veciñanza de Pantón. Prometeuno e cumpriu”, sinalan dende o PSdeG e aseguran “imos a seguir traballando dende tódolos recunchos do noso Concello, presentando iniciativas e defendo propostas que contribúan a mellorar a calidade de vida da nosa veciñanza. Estamos a vosa disposición para traballar polo futuro do noso concello”.

ÚLTIMAS

Graduación do alumnado de Formación Profesional no IES Francisco Daviña Rey

Durante o acto de graduación celebrado no IES Francisco Daviña Rey tivo lugar a...

Pantón ten prazo de inscrición aberto para os Campamentos de Verán e presenta a programación cultural da época estival

O Concello de Pantón presenta as actividades que a Concellaría de Cultura programa para...

O delegado do Goberno en Galicia destaca en Sarria o funcionamento da campaña “Non Camiñas Soa”

A campaña lévase a cabo desde o ano 2021 para reforzar a protección das...

O PSdeG de Sarria reclama ao Goberno local que informe de inmediato ao sector sobre a situación do matadoiro

O voceiro socialista en Sarria, Benjamín Escrontela criticou que o Goberno local de Claudio...