HomesociedadeObradoiro de pasatempos en galego para alumnado de Ribas de Sil, Quiroga...

Obradoiro de pasatempos en galego para alumnado de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso

Foron impartidos pola escritora e docente Celia Díaz e enmárcanse dentro dunha serie de accións de promoción e normalización do galego que desenvolven os Concellos de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso do Courel.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alumnado do CEIP San Clodio, do CEIP de Quiroga e do CPI Uxío Novoneyra de Folgoso do Courel veñen de participar nun obradoiro de pasatempos da man da escritora e docente Celia Díaz Núñez. Durante a sesión, os nenos e nenas traballaron con diferentes tipos de xogos de palabras, co obxectivo de aprender, pensar e divertirse en galego. Ao longo da actividade elaboráronse tres tipos de pasatempos: sete sopas de letras, sete cruzadas e un encrucillado colectivo, no que participou o conxunto do alumnado.

Esta actividade enmárcase dentro das accións de promoción e normalización da lingua galega que se están a desenvolver conxuntamente os concellos que conforman o Xeoparque Montañas do Courel. Conta, ademais, co financiamento da Consellería de Lingua, Cultura e Xuventude e está destinada ao fomento do uso do galego nos concellos de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso do Courel.

Desde os tres concellos agraden a colaboración dos colexios e de Celia Díaz para achegar aos máis pequenos propostas que permiten xogar, crear e aprender na nosa lingua.

Obradoiro no CEIP de Quiroga. Foto: RTMQ.
Desenvolvemento da actividade en Folgoso do Courel. Foto: Concello.

Luis Fernández, concelleiro de cultura de Ribas de Sil e coordinador da actividade xunto cos concelleiros responsables nos outros concellos participantes, comentan que: “Con este tipo de propostas búscase ofrecer ao alumnado ferramentas lúdicas que lles permitan familiarizarse co galego desde idades temperás, combinando a aprendizaxe co xogo e a creatividade”.

ÚLTIMAS

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...

Alumnado dos centros educativos de Chantada reinterpretan ao artista local Manuel Jorge nunha exposición

A exposición "Manuel Jorge. Unha mirada nova", inaugurada este luns 21 de setembro no...

Alcalde e membros do equipo de goberno participan na romaría do San Mateo

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola Tenente de Alcalde, Gloria Prada;...