HomePolíticaO PP da Pobra do Brollón urxe á retirada de residuos...

O PP da Pobra do Brollón urxe á retirada de residuos en Abrence

O voceiro do Grupo Municipal Popular da Pobra do Brollón, Fernando Parada, urxe ao goberno local a realizar as xestións necesarias para retirar os residuos voluminosos depositados nun punto situado na marxe dereita da N-120 en dirección Quiroga ao seu paso pola localidade de Abrence.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O PP cre que o goberno local debe actuar de forma urxente para evitar que “a aparición de puntos de acumulación de lixo e distintos tipos de residuos chegue a converterse nun vertedoiro incontrolado que poida supoñer un problema de seguridade e salubridade”. Tamén amosan a súa preocupación polo risco de incendios.

O Grupo Municipal Popular sinala que, ademais dun problema medioambiental e para a saúde, tamén constitúe “unha mala imaxe para o noso concello”. Parada insta, polo tanto, ao goberno local a realizar “as xestións ante as distintas administracións que sexa necesario para solucionar este problema canto antes”.

O popular defende, ademais, que “o goberno local debe ofrecer aos veciños a colaboración necesaria para a recollida de residuos voluminosos” e, incluso, “tomar todas as medidas que estean nas súas mans para asegurarse de que todos coñezan as distintas posibilidades das que dispoñen para depositar este tipo de residuos sen prexudicar ao medio ambiente e a imaxe do noso concello”.

ÚLTIMAS

O 19 de xullo comeza o servizo de lanzadeiras na Ribeira Sacra cunha nova ruta desde Chantada

O servizo de lanzadeiras que pon en marcha o Consorcio de Turismo da Ribeira...

Promoción de produtos agroalimentarios de calidade en Bóveda

A XXI edición da Feira Outrora, en Rubián, contou este ano coa presenza da...

A Xunta Local de Seguridade de Chantada coordina o dispositivo da Subida a Chantada e das Patronais

A 51ª edición desta proba automobilística celebrarase os días 25, 26 e 27 de...

Sarria celebra desde este 14 de xullo ata o día 20 a IV edición do Ultreia e Suseia

Sarria acolle desde este luns e ata o 20 de xullo unha nova edición...