HomePolíticaO contrato da xestión da Oficina de Turismo de Monforte caducou hai...

O contrato da xestión da Oficina de Turismo de Monforte caducou hai dous anos

O grupo da concelleira non adscrita, Pilar López, pregúntalle ao alcalde polo estado do contrato da Xestión do Centro do Viño e a Oficina de Turismo.

Publicado o

- Advertisement -

Pilar López e seu grupo queren saber que previsións hai para licitar de novo a xestión do Centro do Viño e da Oficina de Turismo. Hai dous anos caducou o contrato de xestión coa empresa responsable deste servizo e queren coñecer cal é a situación exacta.

Tamén lle preocupa á concelleira o rumor de que a oficina de Abanca no barrio da Estación vai pechar. Para Pilar López e seu grupo, de materializarse este rumor, sería unha moi mala noticia para o barrio da Estación, un barrio emblemático na cidade que viviu nos últimos anos unha importante diminución da actividade. Pregúntalle ao alcalde, José Tomé, se ten feito xestións no tema desta sucursal e pídelle, que de non ser asi, se dirixa á Entidade co fin de buscar unha solución que non pase polo peche desta oficina, que presta un importante servizo.

 

ÚLTIMAS

Doc Magoo’s: 25 anos de Rock and Roll

A banda de rocanrol Doc Magoo's percorreu un longo camiño desde os seus inicios...

Este 7 de xullo péchase a zona de xogos do Parque da Compañía

A primeira hora da mañá deste luns, 7 de xullo, procederase á realización de...

A campaña ‘Merca no teu comercio’ chega á Comarca de Quiroga

'Merca no teu comercio' chega aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso...

Extinguido o incendio de Monforte que afectou a Seoane e San Xiao de Tor

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio de Monforte...