HomePolíticaO presidente do Grupo Indukern, en Monforte

O presidente do Grupo Indukern, en Monforte

José Luid Díaz-Varela, nado en Monforte, é o Fundador e Presidente do Grupo Indukern

Publicado o

- Advertisement -

O Alcalde de Monforte reuniuse co fundador e presidente do Grupo Indukern logo de que o mandatario local o invitase xa hai varios meses á Casa Consistorial.

En declaracións lo alcalde, “dende hai máis dun ano veño mantendo diferentes contactos co Presidente do Grupo Indukern dun xeito discreto que finalmente culminaron con esta primeira visita ó Concello”.

Durante o seu encontro, ambos manifestaron a súa vontade de seguir en contacto e analizaron a posibilidade de que o grupo empresarial puidese poñer en marcha algún proxecto na cidade do Cabe “foi unha primeira toma de contacto pero haberá que seguir analizando os diferentes parámetros que puideran posibilitar unha liña de negocio das empresas que integran o grupo dedicado á industria química. Hai que ter en conta de que Monforte é epicentro de comunicacións tanto a nivel ferrocarril como por estrada e esta situación vai ser mellorada no futuro cando o eixo transeuropeo de mercadorías sexa unha realidade ademais de pola autovía A-76”.

grupo indukern

Este grupo empresarial engloba varias multinacionais españolas adicadas ó sector químico. O laboratorio veterinario Calier e a farmacéutica Kern Pharma.

ÚLTIMAS

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...