IniciosociedadeCSIF denuncia "xestión anómala" no Hospital de Monforte ante a ocupación dunha...

CSIF denuncia “xestión anómala” no Hospital de Monforte ante a ocupación dunha praza de administrativo

A través dun comunicado, CSIF, que xa tentou en distintas ocasións "obter unha rectificación por parte da Xerencia, sen éxito algún", lamenta, quere con esta denuncia pór de relevo "aos numerosos traballadores afectados, que procederon a unha recollida de firmas e seguen tamén á espera de resposta da dirección".

Publicado o

- Advertisement -

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) denuncia unha “xestión anómala” e “arbitraria” por parte do Hospital Público de Monforte por “ocupar a dedo” unha praza de auxiliar administrativo.

Segundo denuncia CSIF, a dirección mantén “bloqueadas dúas vacantes de auxiliar administrativo, susceptible de interese” para os traballadores do centro, que, asegura, “poderían acceder á mesma mediante mobilidade voluntaria interna se se abrise o proceso correspondente”.

A través dun comunicado, CSIF, que xa tentou en distintas ocasións “obter unha rectificación por parte da Xerencia, sen éxito algún”, lamenta, quere con esta denuncia pór de relevo “aos numerosos traballadores afectados, que procederon a unha recollida de firmas e seguen tamén á espera de resposta da dirección”.

“CSIF considera moi grave esta forma arbitraria de actuar por parte do hospital que, ademais, vulnera as bases da mobilidade voluntaria interna, que normalmente se convoca de forma bianual aberta a todos os traballadores”, sostén.

“Ningunha dirección anterior actuara de forma semellante e o único que parece é que estamos ante unha praza adxudicada a dedo, co consecuente prexuízo para os demais compañeiros, e outra praza que nin sequera sae a oferta no proceso de mobilidade interna“, indicou este sindicato.

Por outra banda, CSIF advirte sobre “outra vulneración”, neste caso relativa á “obrigada estabilización laboral dos traballadores, pois existe unha vacante no servizo de laboratorio sen cubrir desde fai seis meses, que quedou libre ao marcharse o titular en traslado externo”. CSIF lembra que “estas anomalías só xeran un gran malestar entre os traballadores”.

ÚLTIMAS

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...