Iniciosociedade23 profesionais comezan o curso de guía de Turismo Científico Observer dos...

23 profesionais comezan o curso de guía de Turismo Científico Observer dos Ancares e O Courel

23 profesionais e empresas de turismo activo veñen de comezar a formación de 30 horas para capacitar a profesionais como Guías OBSERVER de Turismo Científico nas Montañas de Ancares e Courel.

Publicado o

- Advertisement -

Os participantes no curso son empresas e profesionais do sector, situados na contorna socio-económica destes espazos naturais da provincia, que recentemente recibiron a certificación Espazo Observer Turismo Científico.

Estes destinos disporán así de guías acreditados por OBSERVER, con coñecementos específicos para guiar a grupos e explicar os valores e recursos destes espazos protexidos desde unha óptima vinculada a calquera disciplina da ciencia como a botánica, a zooloxía ou a xeoloxía entre outras.

Os participantes afondarán nos principios e a historia do Turismo Científico e do ecoturismo, lexislación, e recursos naturais e culturais de Ancares e Courel. Ademais, tamén recibirán aprendizaxe en metodoloxías para deseñar actividades; dinámicas de grupo, atención ao público e técnicas interpretativas. A distinción Espazo Observer avala o potencial destes territorios como reserva científica grazas a un proxecto impulsado pola Deputación o pasado ano.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela celebra o 40 aniversario

Este venres 26 de abril o IES A Pinguela ten programada unha xornada na...

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...