HomesociedadeAs obras de mellora das estradas provinciais do Courel obrigarán a pechar...

As obras de mellora das estradas provinciais do Courel obrigarán a pechar o tráfico

O tránsito de vehículos permanecerá cortado entre os días 27 de xuño e 3 de xullo,

Publicado o

- Advertisement -

A Deputación de Lugo levará a cabo diferentes obras de mellora en cinco vías da rede provincial no concello de Folgoso do Courel. Isto obrigará a manter o tráfico cortado ou desviado entre os días 27 de xuño e 3 de xullo.

A LU-P-5601, que une Samos e Courel, e o seu ramal cara a Santa Mariña permanecerá pechada na súa totalidade, aínda que o fin de semana estará aberta. Noutras catro vías tamén se realizarán traballos de acondicionamento, pero contarán con desvíos sinalizados. Trátanse da LU-P-1301 entre Seoane do courel e Hospital e os seus ramais a Piñeira e Lousada-Vilela; a LU-P-1303 entre Seoane, Visuña e Ferramulín; a LU-P-1306 entre Megoxe, Seceda e Ferreira do Incio; e a LU-P-4501 entre Poio, Louzarela e o acceso a Meiraos.

ÚLTIMAS

Doc Magoo’s: 25 anos de Rock and Roll

A banda de rocanrol Doc Magoo's percorreu un longo camiño desde os seus inicios...

Este 7 de xullo péchase a zona de xogos do Parque da Compañía

A primeira hora da mañá deste luns, 7 de xullo, procederase á realización de...

A campaña ‘Merca no teu comercio’ chega á Comarca de Quiroga

'Merca no teu comercio' chega aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso...

Extinguido o incendio de Monforte que afectou a Seoane e San Xiao de Tor

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio de Monforte...