HomesociedadeTodo listo para o 'Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte'

Todo listo para o ‘Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte’

Será a 3ª edición deste certame que pretende consolidarse como escaparate do viño, pero tamén doutros moitos atractivos da Ribeira Sacra e de Monforte.

Publicado o

- Advertisement -

O Festival do Viño comeza oficialmente hoxe, venres 5 de xullo. Ás 18:00 h. farase a apertura dos postos e ás 18:30 terá lugar o acto protocolario de inauguración coa presenza de diferentes autoridades, entre elas a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez e a madriña do evento, a monfortina Rosa Cedrón.

O recinto feiral está situado no Paseo do Malecón, a carón do río Cabe entre a ponte medieval e o Centro Cívico de Monforte de Lemos, e contará coa presenza de 25 stands nos que estarán outras tantas adegas da D.O. Ribeira Sacra ademais doutros 9 postos representativos da gastronomía e a artesanía da zona.

Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense o pasado ano no recinto feiral. Foto: XMF

Hoxe mesmo empezaron tamén as “ViñoRutas” que pretenden dar a coñecer aos interesados e interesadas o patrimonio vitivinícola da Ribeira Sacra, a cultura dos oficios e tamén o gran patrimonio histórico e cultural da contorna. Este venres hai tres programadas e para mañá sábado outras dúas.

Como complemento á degustación dos viños están programadas tamén unha serie de actividades para entretemento infantil e actuacións musicais.

Os obradoiros creativos, animación e contacontos realizaranse no propio recinto feiral e os encargados do seu desenvolvemento serán Olería Tradicional Figulus, Velaísca Animación, Anxo Moure e Brais Moure. En canto aos horarios, o sábado de 12:00 a 14:00 obradoiro de olería, de 18:00 a 19:00 h. animación coa actividade ‘Descórchate’ e de 19:00 a 20:00 h. contacontos. O domingo de 12:00 a 13:00 h. obradoiro de contacontos e de 13:00 a 14:00 h. ‘obradoiro sensorial’.

No referente ás actuacións musicais, estas desenvolveranse no escenario habilitado na Praza España, a poucos metros do recinto feiral. Hoxe venres a partir das 23:00 h. actuación de Nova Galega de Danza, e ás 00:30 h. Habelas Hainas. Para mañá, sábado 6 de xullo, concerto do grupo The Teta’s Van ás 23:30 h.

ÚLTIMAS

Taboada vibrará este sábado cos Cantos de Taberna: 17 grupos, concerto e Foliada final

Taboada celebra este sábado 25 de outubro a súa V edición dos Cantos de...

O PSOE de Sarria lidera a resposta social contra a subida de impostos

O voceiro socialista, Benjamín Escontrela, advertiu que “o alcalde gastou sen control, ignorou todas...

O BNG Lugo Sur esixe a reposición inmediata do tren das 23:00h Ourense-Monforte-Lugo

Este servizo fora eliminado no pasado e, tras a mobilización social e política, conseguira...

Festa de outono do comercio asociado de Chantada

O Centro Comercial Aberto Ribeira Sacra de Chantada organiza unha festa infantil para celebrar...