HomeDeportesXimena Prats e Noa Díaz reciben as medallas do COE ao mérito...

Ximena Prats e Noa Díaz reciben as medallas do COE ao mérito deportivo

Fóranlles outorgadas polo Comité Olímpico Internacional en recoñecemento aos méritos deportivos acadados polas monfortinas no 2024.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

As piragüistas do Club Quixós, Noa Díaz e Ximena Prats, xa teñen nas súas casas a “Medalla do COE” en recoñecemento aos éxitos deportivos acadados no ano 2024. Sen tempo non era!

A noticia de que lles foran outorgadas as respectivas medallas chegoulles a finais dese 2024 a través dunha carta persoal asinada polo propio Presidente do Comité Olímpico Español que ademais felicitábaas “por este merecido galardón, reflexo do seu compromiso, esforzo e excelencia”.

Despois, xa para a entrega, como na gala correspondente que se fixo a principios deste ano só se convocaron aos deportistas olímpicos, as piragüistas monfortinas tiveron que esperar á entrega en man que lle fixo o Presidente da Federación Española de Piragüismo días atrás a Noa Díaz.

UN 2024 ESPECTACULAR

Ademais do amplo medalleiro acadado a nivel galego co seu Club Quixós, Noa e Ximena tamén tiveron relevantes premios a nivel nacional e internacional no 2024. Concretamente, foron bronce no Campionato do Mundo de augas bravas, celebrado en León na modalidade de patrullas C-1 co trío no que tamén estaba a vasca Eider Larrañaga.

Sumado ao anterior cómpre salientar que ese mesmo ano Noa Díaz acadou o segundo posto a nivel estatal na modalidade de kaiac cross e décima no Campionato Europeo.

ÚLTIMAS

Vendaval do 19 ao 22 de novembro en Monforte, A Pobra do Brollón e Ferreira de Pantón

O calendario ábrese cunha proposta especial que vincula a creación audiovisual coa gastronomía, seguida...

Éxito total do ‘Saborea e canta o outono’ cunhas 250 persoas participantes

O evento dinamizador da hostalería do sur de Lugo "Saborea e Canta o Outono"...

Máis de 70 deportistas participaron no Cross Escolar do Circuíto das Lamas en Monforte

Na competición participaron nenos e nenas procedentes dos concellos de Monforte de Lemos, Quiroga,...

Presentada en Monforte a campaña “Monforte en negro contra as violencias”

O Concello de Monforte vén de presentar a súa programación do 25N da man...