HomesociedadeSober, rosca e viño de Amandi

Sober, rosca e viño de Amandi

O Concello de Sober acolle os días 11 e 12 a XXIV edición da Feira da Rosca e a III edición do Túnel do Viño Amandi. Este sábado actúa no concello, a Banda Sinfónica de Galicia

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Sober celebra este sábado, 10 de agosto, andaina Monumental, andar con arte, e  ás 20.30 no auditorio municipal contarán cun concerto da Banda Sinfónica de Galicia, dentro do ciclo Música e Valores. Estes actos servirán de prólogo á XXIV edición da Feira da Rosca que se celebra os días 11 e 12.

Na praza do Concello contarase con 18 postos que abrirán as súas portas ás 10.00 da mañá: 4 rosqueiros, 2 oleiros de Gundivós, 3 produtores de mel, 4 artesáns, 4 queixerías e un produtor artesá de marmeladas de castaña e derivados. Ás 22:00 h. actuará a Banda de Música de Sober e Os Parentes. Ás 23:00 horas haberá unha degustación de balde de licor café e mel.

O luns 12, día da Feira mensual de Sober, ás 10:30 horas haberá unha demostración de artesanía cun ferreiro que traerá unha forxa móbil e fará unha demostración en vivo do seu oficio. Nesta actividade colabora o CENTRAD da Deputación de Lugo. Ás 13:00 horas farase a tradicional degustación de 2.000 racións de rosca con queixo e ás 13:30 horas actuará o grupo de música tradicional Airiños de Orbazai.

Coincidindo coa Feira da Rosca cdelebrarase a III edición do Túnel do Viño Amandi. Contarase coa participación de 31 adegas que participarán con máis de 50 referencias. Será unha boa oportunidade para coñecer os viños de Amandi da man de sumilleres profesionais.

Polo prezo de 5 euros os participantes no Túnel do Viño Amandi poderán degustar os viños que queiran e terán unha copa de agasallo. A maiores, con 3 euros ofreceráselles un prato degustación con produtos gastronómicos de Torre de Núñez, un dos patrocinadores. O túnel do viño abrirase o domingo 11 de agosto ás 11:30 horas. O horario para este día será de 11:30 a 14:30 h. e de 17:00 a 19:30 h. No caso do luns, o horario será só de 11:30 a 14:30 h. Na cita, organizada polo Concello de Sober e vinosacra.es, colaboran a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo, Artesanía de Galicia, Queixarías Prado e Torre de Núñez.

Programa Túnel do Viño Amandi

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...