O Concello de Pantón presenta as actividades que a Concellaría de Cultura programa para os meses de xullo e agosto dentro do Verán Cultural. As actividades xa están en marcha coa celebración das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón, que se prolongarán ata o 17 de xullo.
Os venres de xullo concentrarán a maior parte das outras citas culturais, comezando o 3 de xullo coa actuación de Pepe Piña, que ofrecerá versións dos 70, 80 e 90 na Praza do Concello ás 23:00h.
No mesmo escenario e na mesma hora serán a seguintes citas:
- 10 de xullo, actuación de El Último Burro, tributo a El Último de la Fila
- 17 de xullo, espectáculo de lume e danza, Mystic Fire.
- 31 de xullo actuación A Gramola Ye Ye.

Do 1 de xullo ao 31 de agosto desenvolveranse os Campamentos Infantís de Verán. Actividades organizadas por quincenas, do 1 ao 17 de xullo e do 20 ao 31 de xullo e do 3 ao 14 de agosto e do 17 ao 31.
Os Campamentos que promoven a conciliación familiar durante o verán terán horario de 10:00h a 14:00h, agás festivos, contando con Servizo Madruga de 9:00h a 10:00h. As actividades destínanse ao nenas/os nadas/os entre 2010 e 2022, tendo prioridade empadroadas/os no Concello de Pantón.
Para máis información e inscricións nos Campamentos de Verán poden dirixirse á Casa da Cultura do 15 ao 19 de xuño, de 10:00h a 20:00h ou no teléfono 982 456 377.
Estre outras actividades nas que se traballa desde o Concello de Pantón para estas datas, non faltará unha completa programación para as Festas Patronais que terán lugar entre o 22 e o 24 de agosto.
E para estas vacacións, o Concello de Pantón anuncia que espera poder comezar a tempada da Piscina Municipal na última fin semana de xuño.


