HomesociedadeO Incio reclama un uso recreativo do encoro de Vilasouto

O Incio reclama un uso recreativo do encoro de Vilasouto

O alcalde do Incio reuniuse co presidente da Confederación Hidrográfica MIño Sil para solicitarlle que o encoro del Vilasouto sexa navegable por pequenas embarcacións.

Publicado o

- Advertisement -

O alcalde do Incio, Héctor Corujo, interésase ante a Confederación pola súa posible colaboración  para posibilitar a navegación en Vilasouto a través de embarcacións sen motor ou propulsadas con motores eléctricos e non contaminantes, o que podería converter ao Concello e aos municipios limítrofes nun punto de lecer acuático e, polo tanto, nun reclamo turístico.

O concello do Incio propón que as embarcacións de recreo que poidan usar o encoro non sexan a motor para non afectar así na auga que os concellos captan para o subministro, como é o caso de Bóveda. Consideran desde o concello que o encoro de Vilasouto, sen uso hidroeléctrico, sería un enclave de excepción para a navegación de recreo a través de pequenas embarcacións, piraguas, táboas de páddlesurf, wind surf ou pequenas embarcacións a vela ou pedal, entre outras posibilidades. “Cremos que se trata dun proxecto con moitas posibilidades de lecer e deportivas, o que repercutiría no turismo da zona”, precisa o alcalde. Confederación e concello acordaron estudar os condicionantes técnicos para poder levar a cabo o proxecto.

A xuntanza tamén se utilizou para abordar a necesidade do mantemento das infraestruturas competencia da CHMS ao seu paso polo Concello do Incio, como a mellora da estrada que vai de Laiosa á présa ou o desbroce da vía perimetral que conecta Vilasouto e Mosteiró.

ÚLTIMAS

Doc Magoo’s: 25 anos de Rock and Roll

A banda de rocanrol Doc Magoo's percorreu un longo camiño desde os seus inicios...

Este 7 de xullo péchase a zona de xogos do Parque da Compañía

A primeira hora da mañá deste luns, 7 de xullo, procederase á realización de...

A campaña ‘Merca no teu comercio’ chega á Comarca de Quiroga

'Merca no teu comercio' chega aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso...

Extinguido o incendio de Monforte que afectou a Seoane e San Xiao de Tor

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio de Monforte...