HomesociedadePreparando as Escolas Deportivas Municipais de Monforte

Preparando as Escolas Deportivas Municipais de Monforte

Este luns, 2 de setembro, abrirá o prazo de inscricións nas Escolas Deportivas Municipais que o Concello de Monforte organiza durante o curso 2019 – 2020.

Publicado o

- Advertisement -

A oferta deportiva divídese en actividades para nenos e nenas (entre os 6 e os 15 anos) e actividades para adultos/as (a partir de 16 anos). No primeiro caso contarase con Patinaxe, Golf, Pádel, Kung Fu e Zumba Kids. Nas actividades para adultos a oferta é de: Ximnasia de mantemento, Tai Chi, Ioga e Zumba.

A actividade de cada unha das modalidades deportivas dará comezo no mes de outubro de 2019 e prolongarase ata finais do mes de maio de 2020, completando así un total de 8 meses lectivos. O custe por modalidade e alumno/a e de 92,70 € por todo o curso, cunha bonificación do 50 % para aquelas persoas que pertenzan a familia numerosa.

O prazo de solicitudes estará aberto dende este luns ata o venres 20 de setembro, no Rexistro Municipal ou a través da sede electrónica. Entre o luns 23 e o venres 27 publicarase na páxina web do Concello a lista de admitidos e admitidas nas actividades.

ÚLTIMAS

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...