HomesociedadeO gran incendio de Lemos está 'totalmente controlado'

O gran incendio de Lemos está ‘totalmente controlado’

O alcalde de Monforte de Lemos e presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, informou de que o devastador incendio que obrigou a desaloxar vivendas e a cortar estradas na zona sur da provincia, está baixo control.

Publicado o

- Advertisement -

Segundo palabras de José Tomé á axencia EFE, nestes momentos o incendio está “totalmente controlado”. O peor xa pasou e os servizos de extinción seguen na zona e están a traballar en arrefriar a zona para evitar que se poidan reavivar as chamas.

O rexedor local recoñeceu que este xoves vivíronse momentos de moita tensión, que levaron mesmo a desaloxar aos veciños do núcleo da parroquia da Vide e a cortar algunhas estradas, entre elas o corredor de Monforte de Lemos que comunica esta cidade cos concellos do Saviñao e Chantada.

Con todo, tamén quixo aclarar que o desaloxo dese núcleo rural produciuse “por precaución”, porque “é verdade que o lume estivo preto das casas”, pero “non chegou a afectar a ningunha”, aínda que si se queimou “algún pendello”. “Ás sete e media da tarde todos eses veciños que foron desaloxados xa puideron regresar ás súas casas”, engadiu Tomé Roca.

Para rematar sinalou á prensa que ao redor das 20:00 horas deste fatídico xoves, 5 de setembro, “as estradas tamén quedaron abertas e o lume estaba xa totalmente controlado ás 21:00 horas”.

A extensión arrasada estímase en 350 hectáreas de terreo.

ÚLTIMAS

Un vídeo divulgará a semente, sega, acarrexa, malla e ‘Festa dos Fachós’ de Castro Caldelas

A Festa dos Fachós de Castro Caldelas é unha das tradicións de culto ao...

Granxas familiares, un modelo en risco?

O 95 % das granxas que hai en Galicia seguen sendo familiares. Grazas á...

A Gándara de Monforte triunfa no Galego de Cross Escolar

Na categoría cadete feminina, o equipo da Gándara formado por Sabela Nieves, Sara Pérez,...

II Foro de Innovación Empresarial este 14 de xaneiro en Chantada

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, e o secretario xeral da CEL, Jaime...