HomeTerra de Lemossanidade"Stop agresións", o 5 de febreiro ás 12:00 concentración do Hospital de...

“Stop agresións”, o 5 de febreiro ás 12:00 concentración do Hospital de Monforte

Con esta convocatoria, a CIG-Saúde quere denunciar "as agresións verbais e ameazas que están a sufrir as traballadoras do centro por parte das persoas que acompañan a algúns dos pacientes".

Publicado o

POR
Reedacción
- Advertisement -

Segundo o sindicato, a Dirección do Hospital Comarcal de Monforte ten que tomar as medidas adecuadas neste tipo de situacións e dar todo o seu apoio ás traballadoras, que “actualmente se sinten totalmente desprotexidas”.

Lembran que é obriga da Dirección que o entorno onde se presta a asistencia, sexa un entorno seguro para o persoal e instan á Dirección a asumir as súas responsabilidades, “escoitar as demandas do persoal, ver en que condicións se traballa e actuar para mellorar se se ve necesario”.

A CIG Saúde asegura que as queixas das traballadoras, están relacionadas principalmente con agresións verbais, “ameazas que moitas veces se producen cando ao preguntar polo paciente, se lles contesta que non se poden dar datos pola lei de protección”.

Nesta situación, o sindicato convoca unha concentración na entrada principal do Hospital para este xoves, día 5 de xaneiro, ás 12:00h co lema: Stop agresións.

ÚLTIMAS

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...

O alumnado de Bóveda transfórmase en axentes ambientais na Semana do Medio Ambiente

Como parte da actividade desenvolta este xoves, alumnos e alumnas convertéronse en axentes ambientais...