Homesociedade6 novas áreas de lecer rural no Concello de Sober

6 novas áreas de lecer rural no Concello de Sober

O Concello de Sober contará con seis novas áreas de lecer no rural para o goce e uso da veciñanza. Recentemente remataron os traballos de dúas áreas con equipamento infantil e biosaudable en Matamá e O Barrio de Figueiroá.

Publicado o

- Advertisement -

Na actualidade desenvólvenseos traballos de instalación de equipamento infantil e biosaudable en A Vacariza e A Venda, na parroquia de Neiras, en Casaniño (Santa Cruz de Brosmos) e Santiorxo.

Estas catro instalacións supoñen unha inversión total de 40.000 euros e son financiadas ao 50 por cento polo propio Concello e polo GDR Ribeira Sacra.

E no Concello de Monforte, a administración local ven de rematar os traballos de adecentamento e mellora do lavadoiro da parroquia de Valverde, aos que adicou 1.535 euros. A empresa Vasconcelos, adxudicataria da obra, adecentou o exterior do lavadoiro, correxiu perdas de auga da estrutura, cambiáronse as vellas uralitas do tellado por outras novas, e deuse argamasa a toda a parte traseira da construcción e arredor do lavadoiro.

Lavadoiro Valverde / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

Hospitalizada unha menor tras caer na piscina de Monforte

Unha menor foi levada ao hospital este domingo tras ser sacada da auga nunha...

De Vacas, Beret, Ráfaga, Miss Cafeína e Marlon actuarán nas Patronais de Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, e...

Courel Vivo denuncia ante o Valedor do Pobo a precaria situación médica do concello

Lembran que os días que non hai médico en Seoane, o centro médico máis...

Por Chantada esixe actuación municipal fronte aos proxectos de baterías Belesar I e II

Por Chantada – Interior Galego Vivo defenderá no Pleno ordinario do próximo 28 de...