Homesociedade580.000 euros da Deputación para as estradas provinciais do sur da provincia

580.000 euros da Deputación para as estradas provinciais do sur da provincia

A Deputación adxudica a conservación da rede viaria provincial nos concellos de Monforte de Lemos, Bóveda, A Pobra do Brollón, Sober, Pantón, O Saviñao, Taboada, Chantada e Carballedo.

Publicado o

- Advertisement -

A Deputación de Lugo ven de aprobar a adxudicación dos traballos de conservación da rede viaria da provincial correspondentes a 5 dos 8 lotes nos que está divido este servizo.  O lote 8 correspóndese aos concellos de Monforte de Lemos, Bóveda, A Pobra do Brollón, Sober, Pantón, O Saviñao, Taboada, Chantada e Carballedo, no que se investirán 584.330 € en tres anualidades, de 2019 a 2021.

O conxunto de obras adxudicadas ten un investimento próximo aos 3,2 millóns de euros, incluíndo un total de 42 concellos da provincia de Lugo.

A Deputación licitou conxuntamente o ano pasado os 8 lotes nos que está dividido o contrato de conservación de estradas provinciais por un importe total de 6,4 millóns de euros para o período 2019-2021.

Segundo o Presidente da Deputación, José Tomé, este contrato dá conta da importancia que para a Deputación ten a mellora das comunicacións viarias de cara a garantir a igualdade de oportunidades. A contratación deste servizo, inclúe novas cláusulas sociais que defenden os dereitos dos traballadores, favorecen o emprego feminino na obra pública.

ÚLTIMAS

Doc Magoo’s: 25 anos de Rock and Roll

A banda de rocanrol Doc Magoo's percorreu un longo camiño desde os seus inicios...

Este 7 de xullo péchase a zona de xogos do Parque da Compañía

A primeira hora da mañá deste luns, 7 de xullo, procederase á realización de...

A campaña ‘Merca no teu comercio’ chega á Comarca de Quiroga

'Merca no teu comercio' chega aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso...

Extinguido o incendio de Monforte que afectou a Seoane e San Xiao de Tor

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio de Monforte...