Iniciosociedade40 aniversario do CEIP Rosalía de Castro de Bóveda

40 aniversario do CEIP Rosalía de Castro de Bóveda

A A.N.P.A. do Ceip Rosalía de Castro de Bóveda organiza, este domingo 6 de outubro, a celebración do 40 aniversario do centro.

Publicado o

- Advertisement -
O 6 de outubro de 1979 abría as súas portas o CEIP Rosalía de Castro de Bóveda que hoxe celebra os seus 40 anos de andaina coa participación de máis de 200 persoas.
Ás 12.00 inaugurarase no centro unha exposición de fotografía. Ás 12.15 o director, Francisco Bouso, dará unha verbas; para ás 12.30 contar coas pandereteiras Son do Mao e posteriormente ter visita guiada ao centro escolar para antigos alumnos e alumnas.

Ás 13.45 farase unha foto de grupo e posteriormente celebrase un xantar no pavillón munipal. Ás 15.00 comezarán xogos tradicionais e ás 16.00 actuará  o grupo de gaitas municipal. Para as 16.30 hai previsto sorteo de agasallos doados polas empresas do concello de Bóveda. O remate á celebración porase cos xogos e actuación musicais que comezarán ás 18.00.

 

ÚLTIMAS

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...