HomesociedadeMáis de 300 asistentes na XII Xuntanza de Veciños da Pobra do...

Máis de 300 asistentes na XII Xuntanza de Veciños da Pobra do Brollón

Publicado o

- Advertisement -

Este domingo, 3 de novembro, celebrouse no pavillón do colexio da Pobra do Brollón a duodécima Xuntanza de Veciños, a xa tradicional homenaxe aos maiores do Concello que ten por obxectivo pasar un día de lecer e convivencia entre veciños.

Trala chegada dos 317 veciños participantes, houbo o xantar cun menú completo con empanada, polbo e carne ao caldeiro. O evento estivo amenizado pola música de profesores e estudantes da Escola municipal de Música ‘Samoeiro’.

A xornada rematou cun sorteo de 197 agasallos, todos doados por empresas locais. Ademais, o Concello agasallou a todos os asistentes cun paraugas. Tamén houbo agasallos especiais para a veciña e veciño máis maiores entre os asistentes á Xuntanza.

XXII Xuntanza de Veciños da Pobra / Concello da Pobra do Brollón

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...